Histórico: Participación de Henrique Alvarellos Casas nas actividades do CCG

----

Henrique Alvarellos Casas

1968 Lugo

Biografía de Henrique Alvarellos Casas

1968- Lugo

Desde 2016 é vicepresidente da Asociación Galega de Editoras, colectivo integrado por corenta selos editoriais galegos, que cobren o 90 por cento da produción do sector en Galicia. É tamén editor e xestor cultural, e desde 2004 dirixe Alvarellos Editora, a empresa cultural que fundara seu pai en 1977 e que recibiu recoñecementos como o premio Manuel Beiras (2016) pola súa defensa da lingua galega, premio Irmandade do Libro (2014 e 2008) concedido pola Federación de Librarías de Galicia e o premio á Edición Histórica (2007) outorgado pola Asociación Galega de Editoras. Como escritor, publicou Teoría de Lugo (2004), Galicia en cen prodixios (2004), Diario dun pai acabado de nacer (2008) e Balada ceiba no bosque de Conxo (2018). É autor de centos de artigos na prensa galega e impulsor de iniciativas culturais como a apertura do Bosque do Banquete de Conxo (2018) ou a posta en marcha do 25 de outubro como Día de García Lorca en Galicia. 

Henrique Alvarellos Casas participou...

Henrique Alvarellos Casas presentou...