José Antonio Quiroga Díaz

----

José Antonio Quiroga Díaz


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de José Antonio Quiroga Díaz


Licenciouse en Xeografía e Historia na especialidade de Xeografía (1986), graduouse en Xeografía Rural na Universidade de Santiago de Compostela (1987) e realizou o Máster en Formación Directivos na Universidad Autónoma Madrid (1994). É funcionario grupo A desde 1988.


Exerceu de profesor no IES Lama das Quendas de Chantada (1988-1998) e no CPI Dr. López Suárez de Escairón (1999-2004). Foi director da Escola Obradoiro Terras do Saviñao (1993-1996), director provincial SPEE-INEM en Lugo (2004-2011) e técnico de xestión de proxectos na Deputación de Lugo (2012-2015). Entre 2016 e 2018 foi deputado do Parlamento galego.


É presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil e director do Ecomuseo de Arxeriz desde 2004.


É autor da guía As igrexas románicas da Ribeira Sacra (2018).