José María Lassalle

----

José María Lassalle

Santander
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de José María Lassalle

Santander
Doutor en Dereito, iniciou a súa traxectoria profesional como investigador e profesor na Universidad de Cantabria e na Universidad Carlos III de Madrid. Foi coordinador científico do Centro de Estudios Hispánicos e Iberoamericanos da Fundación Carolina e, máis tarde, director desta institución. En 2004 iniciou a súa actividade política como deputado no Congreso por Cantabria. Compatibilizou a súa dedicación á política coa actividade docente na Universidad San Pablo-CEU e na Universidad Rey Juan Carlos de Madrid. En 2011 foi nomeado secretario de Estado de Cultura e, en 2016, da Axenda Dixital. En xullo de 2018 abandonou a política. É autor de numerosos ensaios e publicacións académicas sobre pensamento político e filosofía anglosaxoa e escribe periodicamente no suplemento Ideas de El País e na La Vanguardia. Tamén é colaborador de Las mañanas de RNE. Na actualidade é consultor privado e senior advisor no Observatorio Panhispánico da London School of Economics, director do Foro de Humanismo Tecnológico de ESADE, e profesor de Teoría do Dereito e Filosofía do Dereito na Universidad Pontificia de Comillas (ICADE).