PERSOAS

----

Juan M. Viaño Rey


É catedrático do Departamento de Matemática Aplicada da Universidade de Santiago de Compostela desde o ano 1988. Ademais de licenciado pola universidade compostelá (1978), é diplomado avanzado na universidade Pierre et Marie Curie – Paris VI (1981) e doutor tanto pola universidade compostelá como pola propia Pierre et Marie Curie – París VI (1983). As súas principais liñas de traballo versan sobre a “modelización matemática e análise numérica de problemas de estruturas finas e de problemas de contacto en elasto-visco-plasticidade” e sobre a “modelización matemática en problemas de biomecánica”, como a formación de ósos, implantes dentais e ortodoncia. Ten unha ampla experiencia na xestión universitaria en postos de diferente responsabilidade. Ademais, ten unha dilatada traxectoria como investigador con máis de 80 artigos publicados en revistas de referencia, a dirección de 20 proxectos de investigación competitivos, seis deles internacionais, e a xestión de máis dunha ducia de contratos con empresas punteiras da economía europea.
Participou en
Videos
Publicacións