Laura Linares

----

Laura Linares

Biografía de Laura Linares


Tradutora e investigadora na University College Cork (Irlanda), onde realiza a súa tese de doutoramento sobre a tradución de narrativa galega ao inglés. Desde 2018 colabora como axudante de investigación no proxecto ‘Stateless Cultures in Translation: The Case of 21st century Basque, Catalan and Galician literatures in the UK’, dirixido por Olga Castro. Antes disto, foi lectora de galego na University College Cork e escribiu a súa tese de máster sobre o papel de Plácido Castro como tradutor, enfocada na súa versión das Rubáiyát de Omar Kháyyám. En colaboración coa Fundación Plácido Castro, Linares editou o libro Verbas Atlánticas: Poesía inglesa, irlandesa e escocesa traducida por Plácido Castro. Os seus intereses de investigación inclúen a representación cultural en tradución, a tradución e a ideoloxía, a construción de identidades nun mundo global e a aplicación de metodoloxías de corpus á análise de textos.