Lorena Fuster

----

Lorena Fuster


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Lorena Fuster


Profesora da Facultade de Filosofía da Universitat de Barcelona, onde se doutorou en 2010 cunha tese sobre o concepto de imaxinación política no pensamento de Hannah Arendt. Pertence ao Seminario Filosofía e Xénero ADHUC-Centro de Investigación Teoría, Género, Sexualidad e ao GRC Creación y Pensamiento de las Mujeres. É membro do GAPP Grupo Arendtiano de Pensamiento y Política e organiza con Fina Birulés os ciclos de conferencias internacionais “Primaveras arendtianas”, entre outras actividades. É investigadora en proxectos nacionais (na actualidade é investigadora principal do proxecto Clotilde Cerdà/Esmeralda Cervantes: una presencia internacional en la vanguardia e forma parte do equipo de VULFIL. Vulnerabilidad en el pensamiento filosófico femenino. Contribuciones al debate sobre emergencias presentes) e internacionais (HERA. The Debt. Historicizing Europe’s Relations with the South e ERC TRAMOD. Trajectories of Modernity).
Publicou numerosos artigos, ensaios e impartiu conferencias e cursos sobre o tema da imaxinación e os imaxinarios no pensamento contemporáneo, sobre a cuestión do recoñecemento e a débeda, partindo sobre todo do pensamento de autoras como Hannah Arendt, Simone Weil, Iris Murdoch, Ágnes Heller, Luce Irigaray ou Judith Butler. Sobre Arendt editou con Fina Birulés a recompilación de escritos de Arendt Más allá de la filosofía. Escritos sobre cultura, arte y literatura (2014) e, con Matías Sirczuk, Hannah Arendt na colección El arte de leer (2017), tamén traduciu con Gerard Rosich ao catalán Sobre la violència (2011). Forma parte do consello editorial de Aurora. Papeles del Seminario María Zambrano e Lectora. Revista de Dones i Textualitat.

Lorena Fuster nas actividades do CCG

Hannah Arendt