María Xosé Porteiro García

----

María Xosé Porteiro García

1952 Madrid
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de María Xosé Porteiro García

1952- Madrid
Licenciada en Publicidade, xornalista, escritora, feminista e xestora cultural.

Foi directora xerente da empresa compostelá Incolsa e do Museo do Ferrocarril de Madrid.

Participou en política (PSdeG) en diferentes ocasións entre 1987 e 2019: concelleira en Vigo (1987-1991 e 2003-2006), deputada autonómica (1989-1997), parlamentaria nas Cortes españolas (2004-2007), membro das asembleas parlamentarias do Consello de Europa e da Unión Europea Occidental, observadora electoral e delegada de Galicia no Exterior.

Participou en múltiples foros internacionais: Beijing, Estrasburgo, Washington, Managua, Bruxelas, Ascensión, Caracas, Trípoli, San Petersburgo, Saraievo, Aarhus, Río de Xaneiro, Montevideo, Bos Aires, Brasilia, Tunisia, París, Cork ou Atenas.

Foi membro do Consello da Cultura Galega (2014-2022), onde dirixiu o Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos (CDIF). En 2009 recibiu a Encomenda ao Mérito Civil «pola súa contribución á política exterior española». Desde agosto de 2019 é adxunta á Valedora do Pobo.

Publicou narrativa e ensaio: Quen é quen no primeiro Parlamento Galego; Celso
Emilio Ferreiro, compañeiro do vento e das estrelas
; Covardes; Vine, vi y… hablé! Las mujeres frente al discurso público; Sándalo; Buscando a Clara; Narradio; «Novelas para Xulia», en Libres e vivas; «Soñar», en O libro da rosa; #taméneu, ou Tabiba.

Publicacións nas que participou María Xosé Porteiro García

Portada de  Informe sobre os arquivos públicos en Galicia.
LIBRO

Informe sobre os arquivos públicos en Galicia.

Unha perspectiva de xénero e feminista
Portada de  Celso Emilio Ferreiro
LIBRO-AUDIO

Celso Emilio Ferreiro

Entrevista

María Xosé Porteiro García nas actividades do CCG

Gordofobia

A presenza galega na Habana

Celso Emilio Ferreiro

Artigos

PORTEIRO GARCíA, M. (5/1983) A muller e os medios de comunicación. Festa da palabra silenciada. (00), 4.
Ver artigo
Mencións:
PORTEIRO GARCíA, M. (5/1984) A muller na información. Andaina. 1ª época (6), 11.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións:
PORTEIRO GARCíA, M. (9/1990) O "museo da muller" de Aarhus: unha lección de autoestima. Festa da palabra silenciada. (07), 95 .
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
PORTEIRO GARCíA, M. (2012) Clara Zetkin e as súas lembranzas de Lenin. Festa da palabra silenciada. (28), 31-34.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:

Biobibliografías para o Álbum de Galicia

Hijas de Galicia - Concepción Arenal

A Habana (Cuba), / 1/1917 - A Habana (Cuba), 1960
Unha institución única na historia da emigración galega

Maruxa Boga

Bos Aires, / 3/1916 - Bos Aires, /2010
Voz e memoria da Galicia transterrada en Arxentina