PERSOAS

----

María Isabel Míguez González


Profesora contratada doutora na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. Coordinadora do Grao en Publicidade e Relacións Públicas, no que imparte docencia das materias Teoría e práctica das relacións públicas e Dirección de comunicación. Desde 2013 forma parte do grupo de investigación NECOM: “Neurocomunicación, publicidade e política” da Universidade de Vigo. Participou como integrante do equipo de investigación dos proxectos “Medios de comunicación e opinión pública na Galicia autonómica (1980-2005). Evolución e influencia” e “A comunicación corporativa de empresas galegas en Internet”, financiados pola Cátedra Filgueira Valverde; “Cara a un novo modelo de servicio público de radio e televisión: diagnóstico e proposta para o caso español” e “Fondo documental da publicidade en Galicia: catalogación, análise e divulgación dos anuncios galegos a partir do século XIX”, financiados pola Xunta de Galicia; e tres proxectos relacionados co ámbito do turismo e a comunicación online, financiados polo Ministerio de Ciencia e Innovación e o de Economía e Competitividade. É autora do libro Los públicos en las relaciones públicas (2010) e de diversos artigos en revistas científicas como Public Relations Review, El profesional de la información, Zer. Estudios de comunicación, Comunicación y sociedad, Revista Latina de Comunicación Social ou Sphera pública.
Participou en