Margarita Boladeras Cucurella

----

Margarita Boladeras Cucurella

Biografía de Margarita Boladeras Cucurella


Catedrática emérita de Filosofía Moral e Política da Universitat de Barcelona (UB). Especializouse en temas de filosofía contemporánea e en cuestións de ética e bioética. Foi decana e vicedecana da Facultade de Filosofía da UB. Foi codirectora do grupo de traballo sobre a eutanasia e o suicidio asistido, creado en 2004 polo Comité de Bioética de Cataluña, e directora do grupo de estudo sobre Interculturalidade e Saúde, creado en 2006 por ese mesmo comité. É membro do Comité de Bioética de Cataluña desde 1995 e da Comisión de Bioética da Universitat de Barcelona desde 1996. O seu último proxecto de investigación foi sobre "Prevención y detección de las violencias de género durante el embarazo: de la violencia machista a la violencia obstétrica", dirixido por Josefina Goberna Tricas e patrocinado por RecerCaixa.

Materiais de Margarita Boladeras Cucurella

Margarita Boladeras Cucurella nas actividades do CCG