Histórico: Participación de Martín Veiga nas actividades do CCG

----

Martín Veiga

Biografía de Martín Veiga


Profesor titular de Estudos Hispánicos na University College Cork (Irlanda), onde tamén dirixe o Centro Irlandés de Estudos Galegos. Ademais, codirixe a revista Galicia 21: Journal of Contemporary Galician Studies, e é un dos coordinadores do clúster de investigación ‘Translation and Creative Practice’ no Centre for Advanced Studies in Literatures and Cultures (CASiLaC) da súa universidade. É tamén membro do grupo de investigación ‘Crosswinds: Irish and Galician Poetry and Translation’ no tamén irlandés Moore Institute (NUI Galway). A súa investigación xira derredor da poesía contemporánea, a tradución literaria, a escrita creativa e a literatura de viaxes no ámbito ibérico, eidos nos que publicou numerosos libros e artigos. O seu poemario Diary of Crosses Green publicouse en 2018, traducido ao inglés por Keith Payne. En 2017 recibiu o Premio Pedrón de Honra pola súa traxectoria na promoción e difusión da cultura galega no exterior.