Maximino Zumalave Caneda

----

Maximino Zumalave Caneda

1956 Santiago de Compostela (A Coruña)
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Maximino Zumalave Caneda

1956- Santiago de Compostela (A Coruña)
Nado en Santiago de Compostela en 1956 Director e pianista compostelán formado musicalmente en Santiago, Madrid, Viena e Stuttgart Fundador e director do Coro Universitario de Santiago e do Collegium Compostellanum, principal director invitado da Orquestra Sinfónica de Galicia (1992-1995) e director asociado da Real Filharmonía de Galicia, formación da que foi fundador. Director asociado da Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia e profesor de Sinfonismo nos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.

Dirixiu importantes formacións tanto estranxeiras como españolas, como a Orquestra de Cámara de Stuttgart, The English Chamber Orchestra ou a Sinfónica de Praga. Ademais, participou en xurados de certames e premios internacionais.

É licenciado en Ciencias Biolóxicas, especialidade de Bioloxía Mariña, e membro da Real Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario desde 2005. En xuño de 2008, o Consello da Xunta de Galicia concedeulle a Medalla Castelao.

É coordinador da Sección de Música e Artes Escénicas do Consello da Cultura Galega.

Publicacións nas que participou Maximino Zumalave Caneda

Portada de  Chucurruchu
PARTITURAS

Chucurruchu

Portada de  Follas Novas
PARTITURAS

Follas Novas

Rapsodia galega para banda sinfónica
Portada de  Aqueles doces cantares
PARTITURAS

Aqueles doces cantares

Unha ofrenda musical a Rosalía de Castro
Portada de As artes escénicas en Galicia
LIBRO

As artes escénicas en Galicia

Situación e perspectivas
Portada de  Dezaseis cancións para voz e piano
PARTITURAS

Dezaseis cancións para voz e piano

XXV anos da Asociación Galega de Compositores (1987-2012)
Portada de  Galicia 25: unha cultura para un novo século
LIBRO. CATáLOGO

Galicia 25: unha cultura para un novo século

Consello da Cultura Galega 1983-2008
Portada de  Galicia 25: Unha cultura para un novo século
LIBRO. CATáLOGO

Galicia 25: Unha cultura para un novo século

Consello da Cultura Galega 1983-2008

Maximino Zumalave Caneda nas actividades do CCG

Concerto Arriola

Teatro Amador

Sindy, 1979.

«Los Caneiros». Música, Eduardo Rodríguez-Losada.