Histórico: Participación de Ondrej Vimr nas actividades do CCG

----

Ondrej Vimr

Biografía de Ondrej Vimr


Investigador ao abeiro do prestixioso programa europeo Marie Curie na University of Bristol (Gran Bretaña). Na actualidade céntrase en investigar o impacto das axudas de tradución nas decisións das editoriais, concretamente nos que poderían chamarse países europeos pequenos. Os seus intereses inclúen a socioloxía da publicación e da tradución, así como a historia da tradución. No pasado traballou como consultor de publicación e como editor. Leva traducidos máis dunha ducia de títulos de ficción ao checo, desde linguas como o noruegués, o sueco, o inglés e o italiano.