Pedro López Barja de Quiroga

----

Pedro López Barja de Quiroga

Biografía de Pedro López Barja de Quiroga


Doutor en Historia pola Universidade Complutense de Madrid, profesor titular na Universidade de Santiago de Compostela e acreditado a catedrático pola ANECA. Realizou varias estadías de investigación en Oxford (Wolfson College) e Londres (UCL) e coordina o máster interuniversitario (USC-UVigo, coa colaboración do INCIPIT-CSIC) en “Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade”. A súa actividade investigadora centrouse na historia da Roma antiga, sobre a que publicou un manual xeral (Historia de Roma, Madrid, 2004), pero tamén en varios eidos máis específicos como o pensamento político (Imperio legítimo. El pensamiento político romano en tiempos de Cicerón, Madrid, 2007), a escravitude (Historia de la manumisión en Roma. De los orígenes a los Severos, Anejos de Gerión XI, Madrid, 2007), a guerra civil (Entre tiranos. La guerra civil de César, en prensa) e a súa epigrafía (Epigrafía latina, Santiago de Compostela, 1993). As súas publicacións máis especializadas tiveron acollida en revistas internacionais como Classical Quarterly; Index. Quaderni Cameriti di studi romanistici; Athenaeum; Historia. Zeitschrift für alte Geschichte; Dialogues d’Histoire Ancienne; Latomus; Zeitschrift für Papyrologie und Epigraphik; Zeitschrift der Savigny Stiftung für Rechtsgeschichte; International Journal of the Classical Tradition. É autor dun capítulo no Oxford Handbook of Greek and Roman Slaveries, de próxima publicación.


 

Pedro López Barja de Quiroga nas actividades do CCG