Histórico: Participación de Roberto Fresco nas actividades do CCG

----

Roberto Fresco

Biografía de Roberto Fresco


Organista titular da Catedral de Santa María la Real de la Almudena e profesor de órgano do Centro Superior de Enseñanza Musical Katarina Gurska de Madrid.


Inicia a súa educación musical na súa cidade natal e posteriormente continúaa no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Entre 1994 e 1996 estuda na Hochschule für Musik de Viena con Michael Radulescu, personalidade á que debe boa parte do seu pensamento musical. Pero foi a organista española Montserrat Torrent quen exerceu verdadeira influencia sobre el en cuestións tanto interpretativas como pedagóxicas, especialmente no que á música española se refire.


A súa carreira como concertista e profesor levouno por Europa, EE. UU., América Latina e as illas Filipinas.


Colabora habitualmente con solistas e grupos vocais e instrumentais, abordando repertorios que abarcan seis séculos de música para órgano. Tamén realizou diversos traballos discográficos que inclúen tanto música antiga como do século XX. Foi profesor de órgano e clave en diversos conservatorios de Madrid, Salamanca e Palencia.


É fundador e director da Academia de Órgano “Fray Joseph de Echevarría”, que se realiza nos órganos históricos de Tierra de Campos (Palencia) e que ten como finalidade a promoción dos órganos antigos españois e de toda a literatura que foi escrita para eles. Neste mesmo sentido, ocupa desde 2014 a cátedra de órgano dos Cursos Universitarios Internacionais de Música en Compostela.

Roberto Fresco relator/a...