Román Padín Otero

----

Román Padín Otero

1996 Vilagarcía de Arousa
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Román Padín Otero

1996- Vilagarcía de Arousa

Doutor pola Universidade de Vigo en Creación e Investigación en Arte Contemporánea, coa tese La articulación de la mada en el espacio museístico en el cambio de milenio. Obtivo, na mesma universidade, un Diploma de Estudos Avanzados, DEA, co traballo Fashioning art. É tamén licenciado en Dereito.


Profesor convidado na Universidade de Vigo, ESDEMGA (Estudos Superiores en Deseño Téxtil e Moda de Galicia), na materia Análise de Tendencias, dende hai máis dunha década. Dende o ano 2000 colabora de xeito periódico en prensa escrita e en liña corno redactor e articulista, entre outros, en El Correo Gallego e Faro de Vigo. Publicou, así mesmo, en numerosas revistas e catálogos nacionais e estranxeiros. 


Conferenciante e docente, impartiu leccións, seminarios e charlas na Universidad Politécnica de Madrid, no Centro Superior de Deseño de Moda, na Universidad de Sevilla, na UNED, na Universidade de Santiago de Compostela, no Centro Galego de Arte Contemporánea, na Fundación DIDAC, no MACUF ou no Museo de Reproducciones de Bilbao.


Como artista ten deseñado e exposto xoias de autor, obra pictórica e arte téxtil. Expuxeron os seus traballos, entre outras, a galería Trinta e a sala Cuarto Pexigo, en Santiago de Compostela. Ten traballado no eido mercantil en moda e outros sectores. É tamén comisario de exposicións de moda.