PERSOAS

----

Rosa María Viana Rodríguez


Actualmente é concelleira de Turismo, Cultura e Deportes e primeira tenente de alcalde do Concello da Illa de Arousa. Anteriormente foi técnica en Turismo e docente de Obradoiro de Emprego. É licenciada en Psicopedagoxía, Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela, 2014; diplomada en Educación Social, especializada en Animación Sociocultural e Desenvolvemento Comunitario, Educación de Adultos e Inadaptación e Marxinación Social, Facultade de Ciencias da Educación, Universidade de Santiago de Compostela, 1998; diplomada en Mestre de Educación Primaria, Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación, Universidade de Vigo, 2012; Ciclo Superior de Técnico en Información e Comercialización Turística, IES de Vilalonga, 2003. Máster de Xestor de Sistemas de Medioambiente, 600 horas, Instituto Galego de Formación (INGAFOR), Vigo, 2004; Máster de Xestor de Sistemas de Xestión de Calidade, 600 horas, Instituto Galego de Formación (INGAFOR), Vigo, 2004; Máster en Prevención de Riscos Laborais, coas especialidades de Seguridade no Traballo, Ergonomía e Psicoloxía Aplicada, Hixiene Industrial, 900 horas, Instituto Galego de Formación (INGAFOR), Vigo, 2004; Máster en Residencias e Atención á Terceira Idade, 590 horas, Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Universidade da Coruña, 2003; experta en Xeriatría Social e Práctica, 400 horas, Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación, Universidade da Coruña, 2002.
Participou en
Videos
Publicacións