PERSOAS

----

Rosa Moreiras


Licenciada en Filoloxía Hispánica, sección Galego-Portugués, pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Máster Universitario en Política Lingüística e Planificación da Lingua Galega (2009). Colaborou como bolseira na sección de informativos da CRTVG e como tradutora e lingüista nas editoriais Hércules Edicións e Everest Galicia. Impartiu cursos de iniciación e perfeccionamento de lingua galega a diferentes colectivos e traballou de asesora lingüista na serie de televisión Rías Baixas, da produtora Zenit Multimedia. Desde abril de 2004 traballa como técnica de Normalización Lingüística do Concello de Ames. É secretaria da CTNL desde marzo de 2010.