Rosa Cobo

----

Rosa Cobo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Rosa Cobo


Profesora titular de Socioloxía do Xénero da Universidade da Coruña.


Na actualidade dirixe a VII Edición do Máster en liña sobre Igualdade e Equidade no Desenvolvemento, organizado por Cooperacció e a Universitat de Vic.


Dirixe a VI edición do curso de Historia da Teoría Feminista na Universidade da Coruña e é directora de Atlánticas. Revista Internacional de Estudios Feministas, da mesma universidade.


Dirixiu un proxecto nacional sobre prostitución e políticas públicas financiado polo Instituto da Muller e impartiu cursos e conferencias sobre teoría feminista en España e en case toda América Latina. 


O seu último libro publicado é La prostitución en el corazón del capitalismo, Libros de la Catarata, 2017. Entre os libros anteriores, cabe destacar: Hacia una nueva política sexual, Libros de la Catarata, 2011; Fundamentos del patriarcado moderno. Jean Jacques Rousseau, Cátedra, 1996; Educar en la ciudadanía. Perspectivas feministas (ed.), Libros de la Catarata, 2008; Interculturalidad, feminismo y educación (ed.), Libros de la Catarata, 2006; Las mujeres españolas: lo privado y lo público, CIS, 1992.


Recibiu o Premio Carmen de Burgos, outorgado pola Universidad de Málaga, por un artigo publicado en 1997; en 2017, na súa V Edición, o Premio á Igualdade ‘Ernestina Otero’, concedido polo Consello Municipal da Muller e o Concello de Vigo, e no mesmo ano, o premio do Club de las 25 pola súa defensa da perspectiva feminista na vida académica e pública. No ano 2018 foille outorgado o premio Comadre de Ouro pola Tertulia Feminista Les Comadres, de Asturias.

Rosa Cobo nas actividades do CCG

Artigos

COBO, R. (1994) Hacia a superación dos xéneros. Festa da palabra silenciada. (10), 43020.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
COBO, R. (4/1994) A construcción social do feminino en Mary Wollstonecraft. Andaina. 2ª época 1ª xeira (08), 36-40.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
Mencións:
COBO, R. (1997) Elementos patriarcais das sociedades democráticas occidentais. Festa da palabra silenciada. (13), 86-90.
Ver artigo
Mencións:
COBO, R. (1998) Tempo de feminismo, de Celia Amorós. Festa da palabra silenciada. (14), 84-87.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
COBO, R. (2006) Un filósofo feminista no século XVII: Poullain de la Barre. Festa da palabra silenciada. (22), 42896.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
COBO, R. (2007) Discusións en torno ao concepto de patriarcado. Festa da palabra silenciada. (23), 21-28.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
COBO, R. (2009) Anti natura. Festa da palabra silenciada. (25), 175.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: