PERSOAS

----

Rosario Sarmiento

1957 Santander
Licenciada en Xeografía e Historia cunha destacada traxectoria profesional na programación e xestión de proxectos culturais de diversa tipoloxía, e na dirección e xestión dunha colección de arte corporativa. Habilidades/capacidades: rede de contactos no ámbito da produción, xestión e exhibición de artes plásticas. Coñecemento da realidade cultural e artística nacional e internacional. Historia profesional (abreviada): licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, crítica de arte e comisaria de exposicións. Técnica de exposicións na Consellaría de Cultura da Xunta de Galicia (1991-1992) e na Real Academia de Belas Artes de Galicia (1994). Entre 1992 e 1996, foi crítica de arte e colaboradora no suplemento cultural do xornal La Voz de Galicia; colaborou tamén en revistas especializadas, como Arte Ibérica, Arte Omega e Arco Noticias. Foi comisaria, entre outras, das exposicións Carlos Sobrino, Si une grand'âge..., Julia Minguillón, A Xeración Doente, Contravento e Marea, A Arte Inexistente: as artistas galegas do século XX, Urbano Lugrís: Viaxe arredor do meu mundo (Círculo de Bellas Artes, Madrid; Auditorio de Galicia, Santiago, 1997), Territorio de mujeres, Isaac Díaz Pardo, Picasso, entre el equilibrio y el vértigo. Autora de diferentes artigos e presentacións en catálogos de exposicións. Formou parte en diferentes xurados de Artes Plásticas de Novos Valores da Bienal de Pontevedra (1995), no Premio de Artes Plásticas Isaac Díaz Pardo, Deputación da Coruña ( 1995, 1997 e 1999), na III, IV, V, VI e VII edición das Bolsas para Novos Artistas de Unión Fenosa (1993, 1995, 1997, 1999 e 2001), no V e VIII Premio Nacional de Grabado do Museo del Grabado Español Contemporáneo de Marbella, na XVI e V edición do Premio Internacional de Grabado Jesús Núñez, Fundación CIEC (2010), Bolsas de Posgrao e de Primeira Obra da Fundación Caixa Galicia. Participou en diversas mesas redondas e seminarios da Universidad Internacional Menéndez Pelayo, da Universidade da Coruña e da USC, no Mestrado sobre Xestión do Patrimonio Cultural . En 1996 é nomeada directora da Colección de Arte Caixa Galicia. Nela organizou a súa filosofía, política de adquisicións e deseñou e xestionou máis dun centenar de actividades expositivas, entre as que destacan: Fondos Colección Caixa Galicia, ARCO 98, ARCO 00; Colección Caixa Galicia, Museo de BBAA, San Pío V. Valencia (1997); Colección Caixa Galicia, Fundación Caixa Galicia, Vigo (marzo, 1997); Estación Marítima, A Coruña (agosto-setembro, 1996); Viento del Este, Viento del Oeste, México DF-Guadalajara (2008-2009); Territorio de Mujeres, Palma de Mallorca, A Coruña; Miradas: catro visións sobre a Colección comisariadas por Fernando Castro, Alfonso de la Torre, Fernando Huici e Iria Candela (2008-2009). En 1998, dirección de Artes Plásticas da Fundación Caixa Galicia e do Departamento de Proxectos Culturais, responsabilizándose da programación e xestión das actividades de artes plásticas, música e teatro realizadas en todas as infraestruturas culturais da Fundación. No ano 005 e até 2012 asume a subdirección de Programación da Fundación Caixa Galicia. Foi directora da Colección de Arte ABANCA, até 2014, e crítica de arte da Cadena SER, Radio Coruña.
Participou en
Publicacións