Histórico: Participación de Susie Wild nas actividades do CCG

----

Susie Wild

Biografía de Susie Wild


Desde 2007 é a revisora editorial de Parthian Books (Cardiff e Swansea, País de Gales), onde traballa cos catálogos de poesía, narrativa, ensaio creativo e tradución. Despois de botar unha tempada en Londres traballando como xornalista para The Guardian e como editora para a revista xuvenil TheSite.org, marchou a Gales para traballar como xornalista de arte e música local e nacional, e alí continúa a súa polifacética carreira nas artes e na literatura. Na actualidade tamén imparte aulas sobre a arte da escrita de novela e relato curto e é profesora asociada no Mestrado de Escrita Creativa na Cardiff MET University. Na súa escrita, co nome de Susie Wild, a súa primeira antoloxía poética Better Houses (2017) levouna a facer presentacións por múltiples lugares, e en 2018 foi nominada no certame de poesía de mulleres Mslexia Women’s Poetry Competition. Ofreceu recitais poéticos en eventos como o Green Man, o festival de Glastonbury e o festival de Hay-on-Way. É autora da colección de relatos curtos The Art of Contraception (2009), nominada para o Edge Hill Prize, e da novela curta Arrivals (2010).