PERSOAS

----

Yolanda Herranz

1957 Barakaldo, Biscaia
Licenciada en Belas Artes pola Universidade do País Vasco, doutora en Belas Artes pola Universidade de Salamanca e catedrática de Didáctica da Expresión Plástica na EUP de EXB da Universidade de León. Profesora titular e catedrática de Escultura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, Universidade de Vigo. Membro da Cátedra Caixanova de Estudos Feministas da Universidade de Vigo. Ten realizado numerosas exposicións individuais entre as que figura Más aún… y …aún más, Instituto Cervantes (Milán; 2007); Pese al paso del tiempo, Patio de Escuelas da Universidad de Salamanca (2003) ou Cuerpo: elementos, pulsiones y destierros, Fundación Gonzalo Torrente Ballester (Santiago de Compostela; 2003) e prepara outras en centros como o Museo del Grabado Español Contemporáneo de Marbella, o Centro Cultural da Deputación de Ourense ou as galerías Octubre, e Cielo. Participou en numerosas exposicións colectivas internacionais e nacionais; entre outras, Arqueologías de lo íntimo, Auditorio de León (2014); Festival Miradas de Mujeres, Sala X, Pontevedra (2014); Eidos da imaxe. Grafías dos feitos e do pensamento, MARCO (2014); Genealogías feministas en el arte del estado español: 1960-2010, MUSAC, León (2012-13) ou Estampa 09, Feria de Madrid. Desde 1991 escribiu máis dunha trintena de textos, que foron publicados en libros, catálogos, diarios e revistas. Entre estas referencias destacan: con Ana Gil (2014) Hogares: duelos y naufragios. Espacios de perturbación e inquietud en la creación artística actual, Colección Arte & Estética, nº 30, Deputación Provincial de Pontevedra; como editora (2010) xf. Xénero Feminino / gf. Feminine Gender, Artebronce, Santiago de Compostela; (2010) “Coser y callar”, Coser y callar, Bancaja-Fundación Caja Castellón, Castellón.
Participou en
Videos
Publicacións