Histórico: Participación de Héctor Díaz Polanco nas actividades do CCG

----

Héctor Díaz Polanco

Biografía de Héctor Díaz Polanco


"Antropólogo social (UNAM) e sociólogo (El Colegio de México), ten 30 anos de experiencia como docente e investigador. Publicou 200 traballos científicos, incluíndo 10 libros como autor único e 50 libros en coautoría. Entre as súas obras atópanse: Formación regional y burguesía agraria en México (Editorial ERA, 1982); Etnia, nación y política (Juan Pablos Editor, 1987); La cuestión étnico-nacional (Fontamara, 1988); Autonomía regional. La autodeterminación de los pueblos indios (Siglo XXI Editores, 1991); El fuego de la inobediencia. Autonomía y rebelión india en el Obispado de Oaxaca (CIESAS, 1992); con Noam Chomsky e outros, Chiapas insurgentes (Txalaparta, 1995); Indigenous Peoples in Latin America. The quest for self-determination (Westview Press/Harper Collins Publishers, 1997); La rebelión zapatista y la autonomía (Siglo XXI Editores, 1997); con Consuelo Sánchez, México diverso. El debate por la autonomía (Siglo XXI Editores, 2002) e con Sergio Bagú, Identidad continental/Indigenismo y diversidad cultural (Universidad de la Ciudad de México, 2003).Participou en máis de 200 eventos científicos (en América Latina, Estados Unidos e Europa). Coordinou varios programas de posgrao en México. É editor da revista do Instituto Panamericano de Geografía e Historia (Boletín de Antropología Americana) e director de Memoria. Revista mensual de política e cultura (publicada en México). Ademais é membro do Consello Editorial das revistas: Latin American Perspectives (California), Desacatos. Revista de Antropología Social (México) e Dialéctica (México).Foi asesor da Comisión Nacional de Autonomía (Managua, 1985-1987), que deseñou o réxime de autonomía da Costa Atlántica de Nicaragua; e do Exército Zapatista de Liberación Nacional (EZLN) para as negociacións co Goberno mexicano sobre “Derechos y cultura indígena”, das que resultaron os Acuerdos de San Andrés. Ademais, foi membro da Presidencia da Convención Nacional Democrática, promovida polo EZLN entre agosto e outubro de 1994. É membro da Comisión Mexicana de Promoción y Defensa de los Derechos Humanos.Foi xurado de premios nacionais e internacionais, como o “Fray Bernardino de Sahagún de Antropología Social”, do Instituto Nacional de Antropología e Historia (México), e o “Casa de las Américas” (A Habana, Cuba). Foi consultor sobre temas indíxenas da Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO) e asesor da Comisión de Asuntos Indígenas do Senado da República (México). É integrante do Consejo de Consulta y Participación Indígena, do Goberno do Distrito Federal. Na actualidade posúe o máximo nivel (III) como “Investigador Nacional” do Sistema Nacional de Investigadores de México.
"

Publicacións nas que participou Héctor Díaz Polanco

Materiais de Héctor Díaz Polanco

Héctor Díaz Polanco relator/a...

O(S) SENTIDO(S) DA(S) CULTURA(S)

Héctor Díaz Polanco

Tesis sobre diversidad, identidad y globalización