Andrew Dobson

----

Andrew Dobson

1957

Biografía de Andrew Dobson

1957-
Profesor de Política na Keele University.

Traballa no campo da teoría política do medio ambiente, con especial referencia á relación entre ecoloxismo e outras ideoloxías políticas modernas, así como a tensión entre a sustentabilidade ambiental como obxectivo social e outros obxectivos como o profundamento democrático e o incremento da xustiza social.

Sobresae a súa monografía Citizenship and the Environment (Oxford University Press, 2003), e a coedición de Political Theory and the Ecological Challenge (Cambridge University Press, 2006) con Robyn Eckersley.

Nomeado académico na Academy of Social Sciences en 2008. Foi editor fundador da revista internacional Environmental Politics. Membro académico da DEFRA, Sustainable Development Research Network (SDRN) e asesor do Goberno na Sustainable Development Commission.

Publicacións nas que participou Andrew Dobson