Domingo Docampo

----

Domingo Docampo


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Domingo Docampo


Catedrático de universidade na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación da Universidade de Vigo, da que foi director a finais dos anos 80. Foi logo director do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións en dúas ocasións entre 1991 e 1998. Foi reitor da Universidade de Vigo entre 1998 e 2006, presidente da Subcomisión de Ensinanzas Técnicas do Consello de Coordinación Universitaria e presidente do Grupo de Traballo de Espazo Europeo da CRUE (Conferencia de Reitores das Universidades Españolas). É coautor de arredor de 70 artigos e comunicacións en revistas e actas de congresos internacionais. Pronunciou máis de 40 conferencias en universidades de España, Estados Unidos e Iberoamérica.

Publicacións nas que participou Domingo Docampo

Portada de  Medios de comunicación e telecomunicacións
LIBRO

Medios de comunicación e telecomunicacións

(Actas da xornada celebrada o 8 de abril de 2005)
Portada de  Carlos Casares
LIBRO-AUDIO

Carlos Casares

A semente aquecida da palabra
Portada de  Información, tecnoloxía e territorio: Galicia ante a sociedade do coñecemento
LIBRO

Información, tecnoloxía e territorio: Galicia ante a sociedade do coñecemento

= Information, technology and territory : Galicia in the face of the knowledge