1906 Pontevedra | 1996 PontevedraNOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.
1906-
Pontevedra | 1996 Pontevedra
Investigador e escritor, colaborador de Nós, é considerado o último polígrafo das letras galegasNaceu en Pontevedra o 28 de outubro de 1906. No instituto da súa vila natal foi alumno de Losada Diéguez, Castelao e Sobrino Buhigas. Co primeiro comeza a asistir a faladoiros, e en 1923 xunto con outros alumnos da Universidade de Santiago de Compostela funda o Seminario de Estudos Galegos. Licenciouse en Dereito en 1927 e en 1928 comezou a traballar como profesor no Instituto de Pontevedra. Deu clase en Lugo entre 1935 e 1940, cando regresou á súa vila natal, e dirixiu o instituto desde 1946 até a súa xubilación en 1976. Dirixiu tamén, desde 1942, o Museo de Pontevedra, do cal participara na súa creación xa en 1927.
No SEG dirixiu a sección de Historia da Literatura, até o desmantelamento da mesma en 1936. En 1935 comezou a preparar unha escolma da poesía galega, co propósito de que estivese feita para 1937, centenario do nacemento de Rosalía. A escolma, acompañada dunha enquisa para múltiples autores, foi editada en 2008 co título Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada. En 1925 foi elixido membro correspondente da Real Academia Galega na que ingresa como académico de número en 1941, ocupando a cadeira de Casto Sampedro.
Foi membro do Partido Galeguista, organización que deixou en 1934 xunto con outros militantes de Pontevedra, para ao ano seguinte formar Dereita Galeguista, partido que apoiou o Estatuto de Autonomía de 1936. Logo da guerra civil formou parte de comisións de depuración do profesorado, e animou a Otero Pedrayo para que solicitase a reposición da súa cátedra, da que fora deposto. En 1959 Filgueira Valverde foi nomeado alcalde de Pontevedra, cargo que ocupou durante nove anos. Durante a súa etapa na alcaldía procurou a conservación da zona vella da vila.
Dirixiu o Instituto Padre Sarimiento entre 1971 e 1981, formou parte do primeiro padroado do Instituto da Lingua Galega e presidiu a Casa Museo de Rosalía de Castro. Foi o primeiro Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, no primeiro goberno de Xerardo Fernández Albor. Presidiu o Consello da Cultura Galega entre 1991 e 1996, substituíndo no cargo a Ramón Piñeiro.
Recibiu numerosos recoñecementos, como a Medalla Castelao, o Premio Trasalba ou o doutoramento honoris causa polas Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Vigo.
O seu primeiro artigo na revista Nós apareceu no número 21, do 15 de setembro de 1925, con continuación no número seguinte. O texto fala de Ero de Armenteira, o fundador do mosteiro de Santa María, e vén sendo un extracto do traballo lido por Filgueira Valverde no Seminario de Estudos Galegos o 24 de novembro do ano anterior: a cantiga CIII das Cantigas de Santa María, tema sobre o cal faría tamén a súa tese de doutoramento, dirixida por Armando Cotarelo Valledor e defendida en 1935. Sobre a lenda de Armenteira escribiu outro artigo, aparecido nos números 25 e 26 da revista.
Xa no número 37, de xaneiro de 1927, incluíuse o artigo «A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana», de novo un extracto do traballo presentado no Seminario de Estudos Galegos. No número 92 (agosto de 1931) publica «Sobre as cantigas de Martín Codax», falando dun estudo do profesor José Joaquim Nunes.
No número 31, de xullo de 1926, aparece o relato «O paspallás», que aparecería publicado en 1971 no volume Quintana viva. Nos números 44 (agosto 1927), 54 (xuño de 1928) e 82 (outubro de 1930) publica varios contos baixo o título «Artistas aldeáns», recuperados tamén en Quintana viva. No número 48 (decembro de 1927), na sección «Os homes, os feitos, as verbas», escribiu o breve texto «Encol dos primeiros moimentos galego-portugueses».
No número 62 (febreiro de 1929) aparece «A eirexa pre-románica de Francelos», onde narra a visita feita o 12 de agosto de 1927 ao templo situado no concello de Ribadavia, xunto a Manuel Gómez Moreno e Florentino López Cuevillas, ao abeiro da Junta de Ampliación de Estudos. O número 71 da revista Nós foi unha homenaxe a Losada Diéguez, falecido en 1929, e Filgueira Valverde, que fora alumno del no Instituto de Pontevedra, colaborou co texto «Unha lección de Lousada Diéguez».
No número 75 da revista publica «Dúas notas». Dunha banda, un texto sobre a biblioteca do bispo tudense Manuel Lago González (1865-1925), a quen en 1973 lle habían adicar o Día das Letras Galegas, e doutra, escribe sobre o arqueólogo estadounidense Arthur Kingsley Porter (1883-1933).
No número 79, baixo o epígrafe «Estampas composteláns», escribe o artigo «A duquesa de Chevreuse en Santiago», falando do paso de Marie de Rohan pola vila en 1638.
A última colaboración de Filgueira Valverde en Nós é o artigo «Cancioneiriño de Compostela», unha escolma de cantigas e poemas onde se fala da cidade do apóstolo, desde a lírica medieval até a actualidade. Apareceu como separata exenta no nº 103 de Nós, en xullo de 1932, con continuación no número seguinte, e recuperou o tema co libro Cancioneiriño novo de Compostela (1969).
Obra
A obra de Filgueira Valverde é moi extensa, especialmente a nivel científico e divulgativo. Abrangue campos diversos como a biografía, a historia da arte, a arquivística, bibliografía, a edición ou a etnografía, ademais de varias obras sobre a súa cidade natal. Entre 1979 e 1996 publicou a serie Adral, nove volumes que inclúen 616 artigos de temática relacionada con Galicia escritos para a prensa. Se ben a obra de Filgueira Valverde se centrou na investigación, sendo novo cultivou tamén a creación literaria:
Os nenos (narrativa, 1925. Edicións Lar)
O vigairo (narrativa, 1927. Lar)
Quintana viva (narrativa, 1971. Galaxia)
Agromar (teatro, 1936)
6 canciones de mar “in modo antico” (poesía, 1941)
Bibliografía
Alonso Montero, Xesús (2015): Xosé Filgueira Valverde. Biografía intelectual. Vigo: Xerais. Real Academia Galega (2015): Boletín da Real Academia Galega. Número 376. Valle Pérez, Carlos (ed.) (2007): Xosé Filgueira Valverde. 1906-1996. Un século de Galicia. Museo de Pontevedra.
Hístórico no Consello da Cultura Galega1
Dende 1990 ata 1996 Consello da Cultura Galega
Cargo: Presidencia Órgano:Comisión Executiva
Dende 1989 ata 1996 Fundación Rosalía de Castro
Cargo: Representativo/a Órgano:Plenario
Dende 1983 ata 1989 Consello da Cultura Galega
Cargo: Electivo/a Órgano:Plenario
Publicacións nas que participou Xosé Filgueira Valverde
Foto de grupo durante a sesión en Pontevedra de poetas participantes no III Congreso Internacional de Poesía. Na fotografía aparecen, entre outros, Aurora Vidal Martínez, Herminia Fariña, Sabino Torres, Xosé Filgueira Valverde, Xosé María Álvarez Blázquez, Dora Vázquez, etc.
14 de marzo de 1926. Socios e colaboradores do Seminario de Estudos Galegos, retratados por Ksado, na IIª Xuntanza Xeral da entidade, celebrada na Sociedade Económica de Santiago. Na parte superior, Magariños, un dos fundadores do SEG
1926
IMAXE. FOTOGRAFíA
FOTOGRAFADO/A
A primeira recepción xeral do SEG, para homenaxear á romanista Carolina Michaëlis de Vasconcellos, recollida por El compostelano. 15 de marzo de 1926
«Os homes, os feitos, as verbas: Encol dos primeiros moimentos galego-portugueses», Nós: boletín mensual da cultura galega, n.º 48 (15 de decembro de 1927), p. 9-10
Manuel Lesteiro López, Claudio Losada, Álvaro das Casas e Xosé Filgueira Valverde cos Ultreya en Noia, fotografía publicada en Vida Gallega. 1932. Autoría descoñecida
Fotografía grupal con Otero Pedrayo como presidente do Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela, Biblioteca do SEG en Fonseca. Luis Ksado, 30 de maio de 1936
Retrato de grupo, realizado por Ksado, dos asistentes á homenaxe a Xesús Carro no seu 70 aniversario. Entre eles, de esquerda a dereita e de abaixo a arriba: Paulino Pedreta Casado, Francisco Sánchez Cantón, Xesús Carro García, Xosé Filgueira Valverde, Xaquín Lorenzo (Xocas), Abelardo Moralejo Laso.... Santiago de Compostela, 23 de decembro de 1954
Catálogo en liña da exposición Galicia, de Nós a nós, coordinada por Afonso Vázquez-Monxardín e Ana Acuña. Cidade da Cultura, 2 de outubro de 2020 - 17 de xaneiro de 2021
Revista ilustrada y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 23: Revista gráfica y de información de la colonia gallega en Cuba
A partir do n.º 111 (1920): Revista gráfica y de información regional
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por la "Editorial Céltiga"
Revista Gallega de arte, crítica, literatura y actualidades: Publicación quincenal editada por los talleres gráficos Virs