Valentina Formoso Gosende

----

Valentina Formoso Gosende

1970 Riba de mar, Tarás, Outes, A Coruña

Biografía de Valentina Formoso Gosende

1970- Riba de mar, Tarás, Outes, A Coruña
Profesora das materias de Lingua galega e de Portugués no IES Félix Muriel de Rianxo, onde coordina o Equipo de Normalización Lingüística. É tamén a coordinadora xeral da Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) desde 2009.
Compaxinou sempre a súa vida laboral coa investigación en sociolingüística. Comezou a súa carreira laboral no departamento de normalización lingüística da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), experiencia que lle serviu para, ademais de elaborar varios materiais lingüísticos para o ámbito económico e empresarial, sentar as bases do que sería a súa tese de doutoramento: A lingua galega no ámbito empresarial: usos e representacións sociolingüísticas.
A experiencia do ámbito do ensino secundario e dos Equipos de Normalización avalou outra investigación que se concretou na súa última publicación, o libro Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico (2013, Ed. Xerais).
Ten publicado varios artigos arredor destas dúas áreas de investigación e tamén sobre terminoloxía, ámbito en que afondou durante a súa estadía en TERMIGAL.

Publicacións nas que participou Valentina Formoso Gosende

Portada de  Linguas, sociedade e política
LIBRO. ACTAS

Linguas, sociedade e política

Un debate multidisciplinar
Portada de A lingua galega, historia e actualidade (v. I)
LIBRO. ACTAS

A lingua galega, historia e actualidade (v. I)

Actas do I Congreso Internacional celebrado do 16 ó 20 de setembro de 1996 en Santiago de Compostela
Portada de  Actas dos II Encontros para a Normalización Lingüística
LIBRO. ACTAS

Actas dos II Encontros para a Normalización Lingüística

(28, 29, 30 de outubro de 1998)

Valentina Formoso Gosende nas actividades do CCG