Antonio Fraguas

----

Antonio Fraguas

1905 Cotobade | 1999 Santiago de Compostela

Biografía de Antonio Fraguas

1905- Cotobade | 1999 Santiago de Compostela
Profesor, historiador, etnógrafo e antropólogo, impulsou a creación do Museo do Pobo Galego, que dirixiu ata o seu falecemento

Antonio Fraguas Fraguas naceu na Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905. Comezou os estudos na escola pública da súa parroquia, e en 1918 pasou a unha escola de pago en Famelga (Aguasantas). Por entón os seus pais pensaron en emigrar co neno ao Brasil, onde xa estivera o pai, canteiro, mais o mestre de Famelga convenceunos para que o rapaz estudase Maxisterio.
En xuño de 1919 fai os exames de acceso ao Instituto de Pontevedra, lugar que marcará non só a súa formación académica, senón tamén vital. Nos seis cursos que pasou nese centro tivo entre outros profesores a Antón Losada Diéguez, Castelao, Ramón Sobrino Buhigas, Daniel Fraga Aguilar e Alfredo de la Iglesia. Foi compañeiro de aulas de Sebastián González García-Paz, con quen fundou a Sociedade da Lingua, co obxecto de facer un dicionario do noso idioma. Sendo aínda estudante no instituto, en 1923 participou nun mitin na súa parroquia natal en defensa da candidatura ás eleccións xerais de Manuel Portela Valldares e do cotobadés Joaquín Núñez de Couto, profesor en Ourense.
En setembro de 1924 comezou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licencia en xuño de 1928. No curso seguinte xa exerce como profesor no instituto de Santiago de Compostela, o actual IES Arcebispo Xelmírez I. Despois pasou a ser profesor auxiliar na universidade por traslado de Luísa Cuesta Gutiérrez, e en 1933 comezou a dar clase no instituto da Estrada.
Foi proposto como socio do Seminario de Estudos Galegos en outubro de 1927. Fixo o seu traballo de investigación de ingreso no castro de Soutolongo, en Lalín, e ingresou no SEG o 5 de novembro de 1928. Semanas despois pasou a ocupar o cargo de bibliotecario da institución, e en novembro de 1932 pasou a facerse cargo da sección de Bibliografía, ao tempo que traballaba na catalogación e clasificación das bibliotecas Arcebispo Lago González e mais América na universidade, ás ordes de José María de Bustamante.
A súa primeira colaboración en Nós é no nº 77 (maio de 1930), co extenso artigo «O Entroido nas terras do Sul de Cotobade», preparado para o SEG. No nº 87 (marzo de 1931) reprodúcese o texto «O culto ós mortos», conferencia pronunciada no Ateneo de Vigo. «Do folk-lore de Armeses-Listanco» (nº 96, decembro de 1931), é un texto de carácter etnográfico que inclúe descrición do patrimonio, ditos populares e un cancioneiro. A nai de Antonio Fraguas era de Listanco, onde coñecera o seu home, canteiro da Insuela, cando este fora traballar alí. En maio de 1932 participou nun mitin en Maside xunto con Otero Pedrayo, Castelao, Víctor Casas e mais Eleuterio González Salgado.
No nº 108 (decembro de 1932) publica o artigo «As lêndas da Fonte Pormás», situada na Castañeda (Arzúa), lugar ben preto das Terras de Melide que investigou o Seminario de Estudos Galegos. Ademais, no nº 95 (novembro de 1931) comenta tres textos de autores portugueses: o estudo Traje á Vianesa de Cláudio Basto, o artigo O Cerôto de Fernando de Castro Pires de Lima, e sobre o relatorio «Aspecto sanitário da emigração no Minho», de José Gomes de Almeida Crespo.

En 1931 asinou o Manifesto de Ezquerda Galeguista. Dous anos despois interveu en varias ocasións nun programa cultural radiofónico na emisora Unión Radio Galicia. En 1932 dirixiu o museo etnográfico do Seminario de Estudos Galegos, con sede en Fonseca, para o cal colaborara na recollida de pezas.
Durante a súa estancia na Estrada, a partir de 1933, participou da vida política como secretario xeral do Partido Galeguista da vila. Esta militancia levouno a ser represaliado tras o alzamento nacional. Suspendido de emprego e soldo, viuse ademais obrigado a borrar con sosa cáustica unha pintada a prol do Estatuto de Autonomía de 1936.

Instálase na súa aldea natal, á que continuaba ligado malia vivir en Santiago de Compostela. De feito, o 12 de xullo de 1936 saíra o primeiro -e único- número de La Voz de Cotobad, periódico quincenal que dirixiu o propio Fraguas. Estivo medio fuxido, indo ao monte durante o día.
En 1938 monta xunto ao crego Ramón Davila García unha academia en Santiago de Compostela, e é reposto na docencia en 1942, logo de cumprir a suspensión e conseguir avais de boa conduta. Pasou a facerse cargo da biblioteca do Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos, constituído en 1944 logo do desmantelamento polo réxime franquista do Seminario de Estudos Galegos.
En 1948 doutórase na Universidade de Madrid, cunha tese sobre o Colexio de Fonseca. Foi nomeado membro de número da Real Academia Galega en 1951, ocupando a cadeira do finado Castelao. O seu discurso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (As coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi respondido polo seu amigo Ramón Otero Pedrayo.
Tras varios anos como profesor auxiliar na universidade compostelá, en 1950 aproba a oposición e acada a cátedra de Xeografía e Historia do instituto masculino de Lugo, onde vive anos de felicidade ao sentirse de novo libre. Na cidade das murallas colaborou co Museo Provincial e mais co Museo Diocesano e Catedralicio. En 1959 regresou a Santiago de Compostela para dar clase no IES Rosalía de Castro , onde exercerá até a súa xubilación o 28 de decembro de 1975, ao tempo que continúa de profesor auxiliar na universidade.
En 1963 pasou a ser director do Museo de Santiago, que tiña a súa sede no convento de San Domingos de Bonaval, cargo do que dimitiu en 1985. Dirixiu tamén o Museo do Pobo Galego desde a creación do mesmo en 1977 até o seu falecemento. En 1994 legou a este museo a súa biblioteca persoal, de 12 937 libros e folletos, e 399 cabeceiras de publicacións periódicas. Faleceu o 5 de novembro de 1999, e foi soterrado en Boisaca.
Tivo numerosos recoñecementos, como o Pedrón de Ouro en 1984, o Premio Trasalba en 1985 e o Premio Otero Pedrayo en 1992. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo do concello de Santiago de Compostela, e en 1992 foi nomeado o segundo Cronista Xeral de Galicia, tras o falecemento de Emilio González López.
Ao longo da súa vida publicou, ademais de varios libros, máis de 1300 artigos de temática diversa, que apareceron en xornais, revistas, publicacións especializadas, catálogos, pregóns e programas de festa. Nos seus escritos tratou a etnografía, historia, arqueoloxía, xeografía, arte e cultura popular, e foi tamén colaborador na redacción da Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada.

OBRA
O culto ós mortos (1931)
Geografía de Galicia (1953)
Historia del Colegio de Fonseca (1956)
La Galicia insólita (1973)
Lugo (1974)
Manuel Murguía (1979)
Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
El traje gallego (1985)
Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra (1986)
Romarías e santuarios (1988)

Publicacións nas que participou Antonio Fraguas

Portada de  Antonio Fraguas Fraguas
LIBRO. FACSíMILE

Antonio Fraguas Fraguas

Primeiros estudos etnográficos (1930-1932)
Portada de  Polas catro témporas
LIBRO

Polas catro témporas

Colaboracións en La Voz de Galicia e O Correo Galego (1992-1999)
Portada de O Padre Sarmiento e o seu tempo
LIBRO. ACTAS

O Padre Sarmiento e o seu tempo

Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995)
Portada de  Antropoloxía Mariñeira
LIBRO. ACTAS

Antropoloxía Mariñeira

Actas do Simposio Internacional in Memoriam Xosé Filgueira Valverde, Pontevedra, 10-12 de xulio, 1997
Portada de O Padre Sarmiento e o seu tempo
LIBRO. ACTAS

O Padre Sarmiento e o seu tempo

Actas do Congreso Internacional do Tricentenario de Fr. Martín Sarmiento (1695-1995)
Portada de As augas de Galicia
LIBRO

As augas de Galicia

Portada de  Tecnoloxía tradicional
LIBRO. ACTAS

Tecnoloxía tradicional

Dimensión patrimonial. Valoración antropolóxica
Portada de  Romarías e peregrinacións
LIBRO. ACTAS

Romarías e peregrinacións

Simposio de Antropoloxía, Santiago de Compostela, outubro de 1993
Portada de  Actas do simposio de antropoloxía: in memoriam Fermín Bouza Brey
LIBRO. ACTAS

Actas do simposio de antropoloxía: in memoriam Fermín Bouza Brey

Santiago de Compostela, 10, 11 e 12 de setembro de 1992
Portada de  Identidade e territorio: centenario de Otero Pedrayo
LIBRO. ACTAS

Identidade e territorio: centenario de Otero Pedrayo

Actas Simposio Internacional de Antropoloxía (Santiago de Compostela, 10-11-12 de novembro de 1988)

Epístolas de

Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Non hai certeza de que a orixe da misiva sexa Ourense senón que é unha conxetura.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta menciona o ingreso de Otero Pedrayo na Real Academia Galega.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta menciona a defunción do pai de Antonio Fraguas.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta menciona a celebración dun mitin en Maside.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta parece que se alude a uns exercicios de oposición que está realizando Fraguas.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta menciónanse unha conferencia de Otero Pedrayo sobre Goethe e exames de Otero.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta Otero Pedrayo conta que soñou que morría.
Carta de persoa non identificada a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta a alusión ao certame literario conxeturamos que se poida referir aos Xogos florais.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta alude á morte da nai de Castelao.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta alude a Antonio Fraguas ser premiado nos Xogos Florais.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta alude á “Perla de Fonseca”.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta inclúe unha recomendación para alumna e alumno de Trasalba.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta fala das oposicións de Otero Pedrayo.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta fala do nomeamento como membro da Real Academia Galega.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Esta carta trata dun texto polémico de Ferro Couselo.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta agradécese un artigo sobre un libro de Otero Pedrayo.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta fálase do discurso de entrada de Fraguas na RAG.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta fálase da morte da nai de Fraguas.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta fálase da morte da nai de Fraguas.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta fálase da defunción do irmán de Fraguas en Bos Aires. Tamén dunha homenaxe a Rosalía.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta fálase da Comisión pro-lembranza do P. Feixóo.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta Otero Pedrayo agradece a Fraguas que o propuxese para un cargo. Tamén se menciona unha novela sobre Pedro Madruga.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Non hai certeza de que a data da misiva sexa o 4/10/71 senón que é unha conxetura (día de San Francisco).
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas

Nesta carta fálase dunha operación na Rosaleda.
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas
Carta de Otero Pedrayo a Fraguas