Berta García Orosa

----

Berta García Orosa

Publicacións nas que participou Berta García Orosa

Portada de A investigación e o ensino do xornalismo no espazo luso-galego
LIBRO. ACTAS

A investigación e o ensino do xornalismo no espazo luso-galego

Actas do I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos celebrado os días 29 e 30 de outubro de 2002 en Santiago de Compostela
Portada de  Galicia-Finlandia: modos de pensar
LIBRO. ACTAS

Galicia-Finlandia: modos de pensar

A cultura, o mundo, a comunicación: actas das Xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000, en Santiago de Compostela

Materiais de Berta García Orosa

DOCUMENTO

Achegas para o mapa das televisións locais en Galicia 2000-2002

O arquivo de medios audiovisuais forma parte dun proxecto global desenvolto polo Arquivo de Comunicación de Galicia, dentro do Consello da Cultura Galega. Os resultados presentados nesta ponencia son froito da investigación que naceu hai dous anos co obxetivo de deseñar un mapa dos medios de comunicación de Galicia. Con esta fin deseñáronse diferentes bases de datos en función do soporte para a recollida de información sobre os medios impresos, audiovisuais e electrónicos activos actualmente na nosa comunidade autónoma. Os cometidos do Arquivo de Medios de Comunicación de Galicia, unha das liñas de investigación que afronta na actualidade o Consello da Cultura Galega, son elaborar unha base de datos de todas as publicacións periódicas, medios audiovisuais e electrónicos que se están a editar neste momento en Galicia, a súa difusión en soporte papel e na rede para que estea ó alcance de todas aquelas persoas interesadas na súa consulta e o depósito dos exemplares na biblioteca do propio Consello.
DOCUMENTO

As televisións locais en Galicia: cara á profesionalización

Os datos presentados nesta comunicación son froito dunha investigación máis ampla realizada dende o Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega. O estudio, aínda aberto, pretende debuxar un mapa dos medios de comunicación galegos a través da recollida de datos mediante enquisas, a súa catalogación e a súa posterior análise. O proxecto comezou en novembro de 2000 coa elaboración da base de datos de medios impresos, que precedeu á de medios audiovisuais e que terá continuidade no futuro coa de medios electrónicos. A primeira fase do estudio consistiu na elaboración dunha base de datos de medios impresos a partir de diferentes técnicas de recollida de datos e fontes de información (Bibliotecas, Depósito legal, enquisa, base de datos na rede...). Trala conclusión desta primeira parte da investigación, os membros do Arquivo iniciamos a realización dun rexistro e catalogación dos medios audiovisuais que funcionan actualmente en Galicia. O primeiro paso foi elaborar un censo que incluíse a tódolos medios audiovisuais con sé en Galicia. A continuación construímos un cuestionario axustado ás características específicas dos soportes audiovisuais –radio e televisión–. Neste caso, ademais dos datos xerais solicitados a todos os medios (enderezo, nome...) e sobre os traballadores, interesábanos coñecer as características da súa programación, equipamentos e estrutura empresarial.