Xela Arias

----

Xela Arias

1962 Lugo | 2003 Vigo

Biografía de Xela Arias

1962- Lugo | 2003 Vigo
Precisa e extrema, a súa obra incide na vocación transgresora da palabra poética En plena actividade creativa, cun abismático e lúcido libro negro a presentar e a orixinalidade dunha traxectoria que non se someteu máis que ao seu propio ritmo, a morte de Xela Arias conmocionou ao mundo cultural galego en novembro de 2003. Pechábase aos 41 anos o ciclo vital dunha escritora precisa, extrema, de palabra tensa e contida. O seu é un nome que se pronuncia sen xeración, sen grupo, desas voces singulares, inclasificables, que se constrúen nas marxes dos manuais.

Nada en Lugo no ano 1962, a súa traxectoria está directamente implicada no devir cultural galego dos anos 80 e 90, como poeta, como tradutora, como activista, como profesional no ámbito da edición. É a maior de cinco irmáns, o seu pai Valentín Arias e a súa nai Amparo Castaño trasládanse cando Xela ten sete anos a Vigo, cidade na que transcorrerá o resto da súa vida. Realiza estudos de bacharelato, comeza a publicar en xornais e revistas (Faro de Vigo, Jornal de Noticias de Porto, Dorna, Tintimán, Carel...), participa en recitais poéticos e diversas iniciativas culturais. No ano 1980 comeza a traballar en Edicións Xerais de Galicia, entre os anos 1990 e 1996 é correctora de estilo e editora das coleccións Xerais Universitaria e Biblioteca de Autores Galegos. Despois de once anos de traballo editorial retoma os estudos e en 1996 licénciase en Filoloxía Hispánica. Nos últimos anos da súa vida exerce a docencia en distintos institutos da comarca viguesa.

En palabras do seu pai, Valentín Arias: "Tan intensas e punxentes como as súas arelas de liberdade, independencia e xustiza, eran nela o sentido e mais a práctica da solidariedade. Na familia, por exemplo, exerceu pola súa conta algo así como o papel de segunda nai para os catro irmáns desde moi nena. Que eu saiba nunca se desatendeu de ninguén por máis que cadrase en radical desacordo con el"

Pioneira nos labores de tradución ao galego, Xela Arias publica o seu primeiro libro de poemas en 1986. Denuncia do equilibro revela unha voz singular á marxe das marcas poéticas do momento. Interpretacións posteriores apuntan a súa condición de adiantada do que logo serían algunhas das liñas da xeración dos 90. Rupturista, transgresora, valente, ousada, son algúns dos adxectivos utilizados para definir a personalidade creativa desta autora que sorprendeu no ano 1990 cun segundo libro, Tigres como cabalos no que os poemas dialogan coas imaxes fotográficas de Xulio Gil. Mantén a actividade en congresos, recitais e iniciativas culturais e sociais, colabora en publicacións (Festa da Palabra Silenciada, Luzes de Galiza, Boletín Galego de Literatura...) e os seus poemas inclúense en libros colectivos e en diversas antoloxías poéticas. Traduce a Jorge Amado, Camilo Castelo Branco, James Joyce, Angela Cárter ou Baudelaire, labor polo que recibe diversos recoñecementos, a Medalha do Premio de Traduçao Sociedade de Língua Portuguesa, o Premio Ramón Cabanillas de Tradución, ou o Premio Plácido Castro, póstumo. Forma parte do consello de redacción de Viceversa, revista galega de traducción.

Escritora demorada e reflexiva, a súa obra incide na vocación transgresora e transformadora da palabra poética. No ano 1994 nace o seu único fillo Darío, esta experiencia é a xénese do libro de poemas Dario a diario que ofrece novas lecturas sobre a maternidade. Tardaría sete anos en publicar o que será o seu derradeiro libro de poemas, o rotundo Intempériome.
Lonxe da contemplación, a palabra poética de Xela Arias revólvese, indaga, cuestiona, interroga a orde das cousas. Unha voz esixente e depurada que tensa a lingua á procura doutras formas de dicir, porque "a de quen comprende non é palabra feliz"

Morre dun ataque ao corazón o 1 de novembro de 2003. Preparaba o espectáculo poético-musical "Vencerse é cousa de se tratar".

Publicacións nas que participou Xela Arias

Portada de O equilibrio dos extremos
LIBRO

O equilibrio dos extremos

: Xela Arias en 12 voces
Portada de  ¡Non te amola!
LIBRO

¡Non te amola!

Poema do libro Intempériome recitado por Xela Arias

Poema do libro Intempériome recitado por Xela Arias no Diario Cultural da Radio Galega en Outubro de 2003

Poema II do libro Intempériome recitado por Xela Arias

Poema de Xela Arias dedicado a Rosalía de Castro

Xela Arias fala do seu libro Intempériome na RG

Entrevista a Xela Arias na RG

Xela Arias no programa Diario Cultural da Radio Galega

Parín sen dor

s/t

s/t

Vente

Soldados

s/t

Que lugar

Na xanela desde abril

s/t

s/t

s/t

II. Monólogo adicto

Prólogo

Artigos

ARIAS, X. (3/1985) Perdida nas medidas. Festa da palabra silenciada. (02), 51.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (1/1986) Nocturnidade. Festa da palabra silenciada. (03), 40.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (2/1987) Cristal. Festa da palabra silenciada. (04), 72.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (9/1989) Desmán. Festa da palabra silenciada. (06), 160.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (12/1991) [A noite, unha fráxil liorta de escualos]. Festa da palabra silenciada. (08), 80.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (12/1991) Soldados. Festa da palabra silenciada. (08), 130.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (12/1992) [Que me compartas se me falo de nada]. Festa da palabra silenciada. (09), 162.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (12/1992) [Non hai, si que non hai]. Festa da palabra silenciada. (09), 162.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (2001) [Manco o sol que regresa da xanela]. Festa da palabra silenciada. (16), 17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (2001) Soldados. Festa da palabra silenciada. (16), 17.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións:
ARIAS, X. (2001) [Que me compartas se me falo de nada ]. Festa da palabra silenciada. (16), 18.
Ver poesía Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
Mencións: