Histórico: Participación de Xosé Luís Janeiro nas actividades do CCG

----

Xosé Luís Janeiro

1962 Bugarín, Cerdedo (Pontevedra)

Biografía de Xosé Luís Janeiro

1962- Bugarín, Cerdedo (Pontevedra)
Catedrático de Lingua galega e literatura de ensino medio no IES Sánchez Cantón de Pontevedra e profesor asociado da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo. Licenciouse en Filoloxía hispánica e en Filoloxía galego-portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Dereito pola Universidad de Educación a Distancia. Como xurilingüísta, tense achegado ao binomio lingua e dereito, tanto desde o punto de vista xurídico como lingüístico. Arredor desta temática ten pronunciado diversas conferencias e ten publicado varios traballos críticos e recensións. Entre outros, pódense mencionar títulos como A lingua das Administracións públicas, A reforma da LOPX e o seu virtual significado lingüístico: o artigo 231.4, Cooficialidade lingüística e tradución xurídica, dúas notables ausencias no ensino universitario do dereito ou A fe notarial nunha linguaxe xurídica propia.

Publicacións nas que participou Xosé Luís Janeiro

Portada de  Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario
LIBRO. ACTAS

Mil e un Cunqueiros. Novas olladas para un centenario

Do 28 de setembro ao 1 de outubro de 2011