Histórico: Participación de José María Arias Mosquera nas actividades do CCG

----

José María Arias Mosquera

1954 Santiago de Compostela

Biografía de José María Arias Mosquera

1954- Santiago de Compostela
Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e PADE do Instituto de Estudos Superiores da Empresa (IESE). É patrón electivo da Fundación Barrié desde 1982 e presidente executivo desde 2009. É Presidente de APD Noroeste desde marzo de 2015. Convencido do papel fundamental da educación no progreso da sociedade, participa activamente en diversas asociacións e entidades que propician a consecución de cidadáns que entendan o seu contorno e poidan melloralo. Deste xeito, é membro do Consello de patróns da Asociación Española de Fundacións; é patrón de honra da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e do Museo de Pontevedra así como vogal do Consello da Cultura Galega e das Escolas Populares Gratuítas.
Foi presidente do Banco Pastor entre 2001 e 2017; vicepresidente do Banco Popular entre 2012 e 2017 e presidente do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela entre 2014 e 2018.

José María Arias Mosquera participou...

José María Arias Mosquera relator/a...

Cultura do mecenado