Histórico: Participación de Sergio Lago nas actividades do CCG

----

Sergio Lago

Biografía de Sergio Lago


Formado en Gráfica Publicitaria e Educación Social, dende 2003 vén participando na creación e dirección de proxectos públicos e privados no ámbito cultural galego. Traballou tamén en iniciativas do eido tecnolóxico, especialmente na implantación de estratexias dixitais, na creación e deseño de contidos web e no lanzamento de iniciativas de comercio electrónico.


Socio fundador da consultora cultural BenCuriosa, é membro da Comisión de Xestión e Políticas Culturais do Consello da Cultura Galega, así como cofundador e coordinador académico do Curso de Experto Universitario en Xestión Cultural da USC. Foi tamén director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, e coordinador técnico da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural, con quen segue a colaborar, sendo responsable do deseño e coordinación do Banco Galego de Boas Prácticas en Xestión Cultural. Desde 2016 é comisario e coordinador de Coruña Dixital, un programa innovador do Concello da Coruña que promove a difusión das novas prácticas creativas baseadas na cultura dixital.

Sergio Lago coordinou...

XORNADAS DE MEDIACIóN CULTURAL

Contidos e prácticas culturais e artísticas na contorna dixital

Conceptos, debates e boas prácticas de participación cidadá en cultura

Sergio Lago relator/a...

XORNADAS DE MEDIACIóN CULTURAL

Contidos e prácticas culturais e artísticas na contorna dixital

Conceptos, debates e boas prácticas de participación cidadá en cultura