Histórico: Participación de Alfonso Iglesias Amorín nas actividades do CCG

----

Alfonso Iglesias Amorín

1983 Santiago de Compostela

Biografía de Alfonso Iglesias Amorín

1983- Santiago de Compostela

Doutor en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (2014) coa tese La memoria de las guerras de Marruecos en España (1859-1936), premio extraordinario de doutoramento, na que abordou o xeito en que as campañas militares do Exército español no norte de África foron vistas desde España, como impactaron no imaxinario colectivo e como evolucionou o seu recordo a través do tempo.


As súas liñas de investigación principais son os conflitos bélicos, con especial atención aos derivados do colonialismo español en época contemporánea; a memoria e os nacionalismos. É autor de diversos artigos de investigación e das monografías Imagen y repercusiones de la Guerra de Cuba en Galicia (1895-1898), I Premio Juana de Vega para investigadores novos; A Galicia da II República (Santiago de Compostela, 2010); e coautor de Historia de Santiago de Compostela (Santiago de Compostela, 2012) e Xeración Perdida Coruña 36 (A Coruña, 2018). Tamén realizou artigos para revistas científicas como Hispanic Research Journal ou Pasado y memoria, e múltiples capítulos en obras colectivas.


Entre 2007 e 2008 foi investigador contratado do proxecto “Catalogación do Patrimonio Oral e Documental” do Departamento de Historia Contemporánea e de América da USC, sendo o encargado do arquivo de fontes orais HISTORGA. Entre 2012 e 2013 gozou dunha estadía de investigación no Centre for War Studies do Trinity College Dublin. Desde 2016 é investigador posdoutoral (Plan I2C da Xunta de Galicia), primeiro na Universidade do Porto e actualmente na de Santiago de Compostela.

Alfonso Iglesias Amorín [Relator/a] en

A Habana galega

Historia e memorias cruzadas
IRMANDADES DA FALA

Nacionalismo galego e diáspora (1916-1936)

Terceiro Congreso Internacional As Irmandades da Fala