Javier Echeverría

----

Javier Echeverría

Biografía de Javier Echeverría


Licenciado en Filosofía e en Matemáticas pola Universidade Complutense de Madrid. Doutor en Filosofía pola mesma universidade e Docteur d’Etat-ès Lettres et Sciences Humaines pola Université Paris-I (Panthéon-Sorbonne). Foi profesor na Universidade Politécnica de Madrid e na Universidade do País Vasco, onde obtivo por oposición a Cátedra de Lóxica e Filosofía da Ciencia. Realizou estadías investigadoras prolongadas en París, Bruxelas, Hannover, Urbana-Champaign e Reno. Desde 1995 a 2008 foi profesor de Investigación de nivel A no Instituto de Filosofía do CSIC. De 2002 a 2006 foi membro do Consello Director da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía. Desde febreiro de 2008 é profesor de Investigación en Ikerbasque (Fundación Vasca para a Ciencia), adscrito ao Departamento de Socioloxía 2 da Universidade do País Vasco. É colaborador de Sinnergiak Social Innovation. 
Autor de 20 obras monográficas e coeditor de 26 libros, en español, francés e inglés. Publicou máis de 100 artigos en revistas e libros internacionais e máis de 200 en revistas e libros nacionais. Dirixiu 18 teses de doutoramento. Os seus últimos libros publicados son: Knowledge Communities (coeditor con Andoni Alonso e Pedro Oiarzabal, University of Nevada, Reno, 2011), Leibniz (editor, Madrid, Gredos, 2011), La luz de la luciérnaga: diálogos de innovación social (con Ander Gurrutxaga, Madrid, Plaza y Valdés, 2012), Entre cavernas: de Platón al cerebro pasando por Internet (Madrid, Triacastela, 2013), Innovation and Values: A European Perspective (Reno, University of Reno, NV, 2014) e El Arte de Innovar: Naturalezas, Lenguajes, Sociedades (Madrid, Plaza y Valdés, 2017). É membro da International Academy of Philosophy of Science, vicepresidente de Jakiunde (Academia Vasca de Ciencias, Artes e Letras) e membro do Comité Vasco de Ciencia, Tecnoloxía e Innovación.

Javier Echeverría nas actividades do CCG