Lluís Bassets

----

Lluís Bassets

Biografía de Lluís Bassets


Lluís Bassets (1950) iniciou a súa carreira profesional en Barcelona a comezos dos anos 70, nos xa desaparecidos Tele/eXpres e Diario de Barcelona. En 1980 fundou e dirixiu o semanario El Món. Pertenceu ao núcleo fundador da edición do diario El País en Cataluña, que empezou en 1982 e na actualidade forma parte do comité de dirección da nova publicación mensual en lingua catalá Política & prosa. En El País exerceu como xefe de Cultura, do suplemento Libros e da sección de Opinión, como correspondente en Bruxelas e en París, e tamén como director da edición catalá. Como responsable de Cultura, fundou e organizou en 1982 o suplemento cultural en catalán Quadern e como responsable da redacción de Barcelona en 2014 a edición dixital en catalán elpais.cat. Actualmente publica as súas columnas na sección Internacional do rotativo e nas páxinas de Opinión da edición de Cataluña.
Publicou varios libros de análise política, entre o que destacan: La rebelión interminable. El año de la secesión catalana (Ediciones de la catarata, 2018); Lecciones españolas. Siete enseñanzas políticas de la secesión catalana y la crisis de la España constitucional (EDLibros, 2017); La gran vergüenza. Ascenso y caída del mito de Jordi Pujol (Editorial Península, 2014); El último que apague la luz. Sobre la extinción del periodismo (Taurus, 2013) ou El año de la revolución. Cómo los árabes están derrocando a sus tiranos (Taurus, 2012).

Lluís Bassets nas actividades do CCG