Sharon Roseman

----

Sharon Roseman


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Sharon Roseman


Catedrática en Antropoloxía e vicedecana de Investigacións na Facultade de Humanidades e Ciencias Sociais (Memorial University, Canadá). As súas áreas de investigación son o xénero, os vínculos rurais-urbanos, as mobilidades e tamén as linguas e culturas minorizadas, cunha especialización no estudo de Galicia e Canadá. 
Publicou os libros O Santiaguiño de Carreira: o rexurdimento dunha base rural no concello de Zas; Intersecting journeys: The anthropology of pilgrimage and tourism (con E. Badone); Recasting culture and space in Iberian contexts (con S. Parkhurst); Antropoloxía das mulleres galegas. As outras olladas (con E. Alonso Población), e The tourism imaginary and pilgrimages to the edges of the world (con N. Herrero). O seu filme etnográfico máis recente é Stories would be told: The commuting career of Kay Coxworthy.