Remedios Zafra

----

Remedios Zafra

1973 Zuheros, Cordoba
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Remedios Zafra

1973- Zuheros, Cordoba
Ensaísta, profesora de universidade e científica titular no Instituto de Filosofía do Consello Superior de Investigacións Científicas. Traballa sobre o estudo crítico da cultura e as políticas de identidade nas redes. Foi profesora de Arte e Cultura Dixital na Universidad de Sevilla e profesora titora de Antropoloxía Social na UNED. Doutora e licenciada en Arte, licenciada en Antropoloxía Social e Cultural, ten estudos de doutoramento en Filosofía Política e un Máster Internacional en Creatividade.

O seu traballo logrou importantes recoñecementos, entre eles: Premio Internacional de Ensaio Jovellanos 2022, Premio Anagrama de Ensaio 2017, Premio Estado Crítico, Premio de las Letras El Público, Premio Málaga de Ensaio, Premio de Comunicación da  Associació de Dones Periodistes de Catalunya  ou Premio Meridiana de Cultura do Instituto Andaluz de la Mujer.

Os seus ensaios máis recentes sobre traballo, creación e cultura dixital son El bucle invisible (2022), Frágiles (2021), El entusiasmo (2017), Ojos y capital (2015) e Un cuarto propio conectado (2010).

Máis información:  www.remedioszafra.net