Biografía de Xosé López García
1956- Cirio, concello de Pol (Lugo)Natural de Cirio, parroquia do concello lucense de Pol Ocupou o cargo de decano da Facultade de Ciencias da Comunicación desde 1997 ata 2004. Licenciado en Ciencias da Comunicación, sección de Xornalismo, pola Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidad Complutense de Madrid e doutor pola Universidade de Santiago, alternou a súa faceta como xornalista coa de docente durante moito tempo.
Foi redactor durante vinte anos en medios de comunicación galegos como A Nosa Terra (dous anos), El Ideal Gallego (dous anos) e La Voz de Galicia (dezasete anos). Neste último diario chegou a ocupar a delegación de Santiago durante oito anos. Correspondente en Galicia de Cinco Días, Actualidade Agraria e El Temps, entre outros medios, completa a súa tarefa xornalística coas colaboracións en Antena 3 Radio, Onda Galicia e Radio Voz.
Como docente, ocupou en 1984 o cargo de profesor colaborador no Instituto de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela e tamén foi profesor colaborador en cursos organizados pola Consellería de Educación (1985-1986). Profesor asociado de Periodismo na Universidade de Santiago de Compostela entre 1992 e 1996 e titular desde ese ano. Coordina o grupo de investigación “Novos Medios” e dirixe o “Observatorio de Ciberxornalismo de Galicia”, ambos os dous grupos creados para a investigación na universidade. É catedrático de Xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela.
Foi coordinador do Informe da comunicación en Galicia, membro do Plenario no Consello da Cultura Galega e coordinador da Sección de Comunicación, é autor de diversos libros: A prensa local e comarcal na Galicia do século XX (1992), Detrás da prensa popular (1995), O papel das publicacións locais na Galicia de fin de século (1990-1993), A Comunicación en Galicia (1998), A reportaxe de prensa en Galicia (1998), Comunicación e información escrita (1999) e A prensa no terceiro milenio (2000), así como outras publicacións feitas en colaboración.
Publicacións nas que participou Xosé López García
LIBRO
Papés d’emprenta condenada (v. II)
Lingua galega e comunicación nos inicios da Idade Contemporánea
LIBRO. ACTAS
Sociedades plurilingües
Da identidade á diversidade
LIBRO. ACTAS
A comunicación no seu tempo
Actas do encontro celebrado os días 30 de xuño e 1 de xullo de 2005
LIBRO
La feria del mundo
Crónicas desde Chile (1942-1956)
LIBRO
Papés d’emprenta condenada (v. I)
A escrita galega entre 1797 e 1846
LIBRO. FACSíMILE
Primeiros diarios galegos (1808-1809) [Vol. III]
Diario de Santiago, Apéndice al Primitivo Diario de Santiago, Gazeta de La Coruña, Telégrafo Político y Literario de La Coruña
LIBRO. FACSíMILE
Primeiros diarios galegos (1808-1809) [Vol. II]
Diario de Santiago
LIBRO. FACSíMILE
Primeiros diarios galegos (1808-1809) [Vol. IV]
Diario de la Coruña
LIBRO. FACSíMILE
Primeiros diarios galegos (1808-1809) [Vol. I]
Estudos críticos
LIBRO. ACTAS
Comunicación e Cultura en Galicia e Portugal
Relatorios e comunicacións do III Congreso luso-galego de Estudos Xornalísticos
LIBRO. ACTAS
Comunicación e cultura en Galicia e Portugal.
Relatorios do III Congreso luso-galego de Estudos Xornalísticos, celebrado os días 4 e 5 de novembro de 2004 en Santiago de Compostela
LIBRO
Medios de comunicación e telecomunicacións
(Actas da xornada celebrada o 8 de abril de 2005)
LIBRO
Polas catro témporas
Colaboracións en La Voz de Galicia e O Correo Galego (1992-1999)
LIBRO
Lorenzo Varela en revistas culturais de México e Bos Aires
Taller, Romance, Letras de México, de Mar a Mar, Correo Literario, Cabalgata, Sur
LIBRO. ACTAS
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001). Tomo I
LIBRO. ACTAS
Actas do I Congreso Internacional “Curros Enríquez e o Seu Tempo”
(Celebrado en Celanova, 13 al 15 de setembro de 2001 ). Tomo I
LIBRO. ACTAS
A investigación e o ensino do xornalismo no espazo luso-galego
Actas do I Congreso Luso-Galego de Estudos Xornalísticos celebrado os días 29 e 30 de outubro de 2002 en Santiago de Compostela
LIBRO
O xornal “Galicia” (1922-1926)
O alento da modernidade
LIBRO-AUDIO
Carlos Casares
A semente aquecida da palabra
LIBRO. ACTAS
Galicia-Finlandia: modos de pensar
A cultura, o mundo, a comunicación: actas das Xornadas celebradas os días 9, 10 e 11 de novembro de 2000, en Santiago de Compostela
LIBRO
Xornalismo en Internet
Actitudes profesionais e condicións laborais dos periodistas en liña
LIBRO. ACTAS
Diversidade cultural e comunicación na sociedade da información
Actas das xornadas celebradas en Santiago de Compostela os días 27 e 28 de maio de 2000
LIBRO. ACTAS
Comunicación e cultura en tempos de redefinición
Actas das Xornadas celebradas os días 11 e 12 de decembro de 1998 en Santiago de Compostela
LIBRO
A comunicación en Galicia 1998
Sobre o hipersector da comunicación
LIBRO. ACTAS
Galicia, España, Portugal e as factorías de futuro
Actas das Xornadas celebradas os días 5 e 6 de xuño de 1997 en Santiago de CompostelaMateriais de Xosé López García
DOCUMENTO
A prensa periódica en Galicia. Algunhas consideracións
O Arquivo de Comunicación, á vista dos datos dispoñibles en setembro de 2003, puido establecer unha serie de consideracións sobre as publicacións periódicas galegas. Determinouse, entre outros datos, a existencia dun perfil preeminente de publicación, así como cuestións como os formatos, xénero, temas tratados ou distribución xeográfica das publicacións. Trátase dunha serie de valoracións que irán modificándose a medida que o Arquivo aumente os rexistros e complete con novos datos os xa existentes. O perfil tipo da publicación periódica galega é unha revista escolar de carácter anual, editada e subvencionada por institucións públicas, dirixida a un público universal, que se edita e imprime preferentemente na provincia da Coruña; que comezou a editarse na última década, cento por cento en lingua galega, en formato folio, menos de 25 páxinas de extensión e que se distribúe no ámbito local.
DOCUMENTO
A información cultural nos medios de comunicación de Galicia
Baixo o título de “A información cultural nos medios de comunicación en Galicia” presentamos un informe integrado nun proxecto que está a desenvolver a Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega. Este documento engloba os dous estudios que elaborou a Sección ó longo do ano 2003 sobre o discurso cultural dos medios en Galicia co obxectivo de facer unha aproximación, tanto cuantitativa como cualitativa, á información cultural presente nos medios de comunicación que se desenvolven no ámbito territorial de Galicia. Con este traballo inténtase definir a idea de cultura que reflicten os medios galegos, así como o tratamento que recibe este bloque temático. A metodoloxía de traballo consistiu nun baleirado de contidos dos diferentes medios escritos (prensa tradicional e electrónica) e audiovisuais (radio e televisión) levado a cabo en dúas etapas, a primeira entre o xoves 13 de febreiro e o mércores 2 de abril, e a segunda entre o 5 de setembro e o 23 de outubro. En ámbolos dous casos analizouse un día cada semana. Os medios consultados foron os seguintes: os xornais Atlántico Diario, Diario de Arousa, Diario de Ferrol, Diario de Pontevedra, El Correo Gallego, El Ideal Gallego, El Progreso, Faro de Vigo, O Correo Galego (sendo substituído na segunda etapa polo diario Galicia Hoxe), La Opinión, La Región e La Voz de Galicia; os xornais dixitais galiciadiario.com, vieiros.com e xornal.com; a Radio Galega e as desconexións para Galicia de Cadena Cope, Cadena Ser, Onda Cero e Radio Nacional de España; Televisión de Galicia, Televisión Española en Galicia e Antena 3 Televisión na súa desconexión para a nosa Comunidade, completan o mapa de medios.
DOCUMENTO
Os conflictos bélicos no Galicia: a sombra de Abd-El-Krim
Esta comunicación forma parte dun amplo traballo de investigación sobre o Galicia, o xornal de Vigo creado por Valentín Paz Andrade e cunha breve historia que abrangue dende 1922 ata 1926, ano en que deixou de saír ó non aturar os ataques da Dictadura de Primo de Rivera. O traballo foi realizado pola Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega e consta de dúas partes . Por unha banda temos unha base de datos informática que conta con máis de 24.000 fichas de baleirado dos contidos da cabeceira. Esta base foi elaborada ó longo de ano e medio por catro investigadores (Montserrat Calvo, Fernando Redondo, Marta Pérez e Rosa Aneiros). Xunto a isto creouse un volume de estudios críticos (inédito) no que o persoal investigador abordou cuestións específicas do xornal (xéneros, deseño, liña editorial ou temáticas, entre outros) e diferentes expertos analizaron cuestións de relevo como as institucións políticas, a emigración ou a economía da Galicia do momento. Esta comunicación que presentamos afonda explicitamente na cuestión dos conflitos bélicos na cabeceira de Paz Andrade, uns conflitos que reflicten non só a inestabilidade da Europa da época con graves guerras abertas como a grego-turca ou a alemán-francesa e, particularmente a de España con Marrocos, senón tamén a manifesta inestabilidade social.
DOCUMENTO
Achegas para o mapa das televisións locais en Galicia 2000-2002
O arquivo de medios audiovisuais forma parte dun proxecto global desenvolto polo Arquivo de Comunicación de Galicia, dentro do Consello da Cultura Galega. Os resultados presentados nesta ponencia son froito da investigación que naceu hai dous anos co obxetivo de deseñar un mapa dos medios de comunicación de Galicia. Con esta fin deseñáronse diferentes bases de datos en función do soporte para a recollida de información sobre os medios impresos, audiovisuais e electrónicos activos actualmente na nosa comunidade autónoma. Os cometidos do Arquivo de Medios de Comunicación de Galicia, unha das liñas de investigación que afronta na actualidade o Consello da Cultura Galega, son elaborar unha base de datos de todas as publicacións periódicas, medios audiovisuais e electrónicos que se están a editar neste momento en Galicia, a súa difusión en soporte papel e na rede para que estea ó alcance de todas aquelas persoas interesadas na súa consulta e o depósito dos exemplares na biblioteca do propio Consello.
DOCUMENTO
As televisións locais en Galicia: cara á profesionalización
Os datos presentados nesta comunicación son froito dunha investigación máis ampla realizada dende o Arquivo de Comunicación do Consello da Cultura Galega. O estudio, aínda aberto, pretende debuxar un mapa dos medios de comunicación galegos a través da recollida de datos mediante enquisas, a súa catalogación e a súa posterior análise. O proxecto comezou en novembro de 2000 coa elaboración da base de datos de medios impresos, que precedeu á de medios audiovisuais e que terá continuidade no futuro coa de medios electrónicos. A primeira fase do estudio consistiu na elaboración dunha base de datos de medios impresos a partir de diferentes técnicas de recollida de datos e fontes de información (Bibliotecas, Depósito legal, enquisa, base de datos na rede...). Trala conclusión desta primeira parte da investigación, os membros do Arquivo iniciamos a realización dun rexistro e catalogación dos medios audiovisuais que funcionan actualmente en Galicia. O primeiro paso foi elaborar un censo que incluíse a tódolos medios audiovisuais con sé en Galicia. A continuación construímos un cuestionario axustado ás características específicas dos soportes audiovisuais –radio e televisión–. Neste caso, ademais dos datos xerais solicitados a todos os medios (enderezo, nome...) e sobre os traballadores, interesábanos coñecer as características da súa programación, equipamentos e estrutura empresarial.
DOCUMENTO
O xornalismo de Eduardo Blanco-Amor en La Nación: emigrante e exiliado.
A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega no seu labor para contribuír á recuperación da memoria histórica do xornalismo galego, traballa no estudio da obra dalgúns dos nosos máis destacados devanceiros que exerceron como profesionais nos medios de comunicación colectivos. Un deles, aínda que máis coñecido coma literato, é Eduardo Blanco-Amor. Emigrado ós 21 anos, no ano 1919, Blanco-Amor chega a Bos Aires coa única experiencia como xornalista na redacción do xornal ourensán El Diario de Orense. O seu biógrafo, Gonzalo Allegue, apunta que o mozo Blanco-Amor exercía de “amanuense” no medio, mentres que el mesmo sostiña, en entrevistas moitas décadas despois, que traballaba como xornalista e asinaba co alcume de “Herminia Hernández”. Sexa como for, conta cunha pequena experiencia na profesión, o que o anima a participar en distintos medios da comunidade galega na Arxentina, e, posteriormente, en xornais americanos. Para falarmos da súa traxectoria como xornalista ten sentido facermos un percorrido cronolóxico por ela, xa que os distintos acontecementos políticos en España determinan en boa medida o tipo de traballo que realizará para uns e outros medios.
DOCUMENTO
A concepción xornalística de Manuel Curros Enríquez en La Tierra Gallega
A Sección de Comunicación do Consello da Cultura Galega vén amosando dende o inicio da súa actividade un especial interese por todo o referido á historia do xornalismo galego. Con esta liña de investigación histórica pretendemos botar un pouco de luz sobre as cabeceiras que nos precederon no tempo, as súas modalidades xornalísticas e contidos, así como un achegamento ós periodistas que destacaron polo seu labor profesional no eido mediático. Neste marco e ante un acontecemento tan relevante como é o 150 aniversario do nacemento de Curros Enríquez, consideramos imprescindible unha aproximación ó xornalista que foi, unha faceta abondo descoñecida para o público xeral e de notable importancia na súa vida. O Curros poeta que herdamos cómpre que sexa descuberto como figura xornalística dada a valía profesional e coherencia ideolóxica que evidenciou ó longo de toda a súa traxectoria nos medios impresos de Galicia, Madrid e Cuba. A magnitude da súa obra periodística impídenos ofrecer unha perspectiva total, labor que debe ser abordado por investigacións de máis alta envergadura. Por esta razón, a nosa achega investigadora circunscríbese á época en que Manuel Curros creou e dirixiu na Habana o semanario La Tierra Gallega. Este conciso marco temporal, reducido a apenas dous anos da vida do celanovés, resulta moi significativo da súa produción e fiel reflexo da súa concepción xornalística nese momento.Xosé López García nas actividades do CCG
Publicacións periódicas
Aviso Listado automático de documentación relacionada con nos fondos documentais en liña ofrecidos polo Consello da Cultura Galega.
Nosa Terra, A (1977-2011) .
A Nosa Terra : periódico galego semanal
Artigos
LóPEZ GARCíA, X. COSTA MORATA, P. (6/1978) Costa Morata: O humanista contra o técnico. Nosa Terra, A. (25), 7.
Ver entrevista Fonte da dixitalización: Fundación A Nosa Terra;