Ana Luna

----

Ana Luna


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Ana Luna


Profesora titular no Departamento de Tradución e Lingüística da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, onde imparte docencia de grao, mestrado e doutoramento. É investigadora do grupo BITRAGA (Biblioteca da Tradución Galega) da Universidade de Vigo, e participa no proxecto CULTURFIL da USC, que analiza a figura das comunidades convidadas nas feiras internacionais do libro. Entre as súas actividades centradas nos Estudos de Tradución hai que incluír os estudos socioculturais do contexto no que se desenvolven o proceso e o resultado, desde e cara ás linguas minorizadas, a historia da tradución e das persoas que traducen, o estudo dos fluxos de tradución e as políticas de tradución editorial.