Biografía de Stefan Tobler
Fundou a súa editorial And Other Stories como resposta á frustración que sentía a respecto de que moitos libros de gran calidade non estivesen dispoñíbeis en tradución ao inglés. Fillo de nai inglesa e pai suízo, naceu no Amazonas e durante a súa mocidade viviu varios anos en Dresden (Alemaña). As súas traducións inclúen o libro Água Viva, de Clarice Lispector, nominado ao premio de tradución Oxford-Weidenfeld en 2015; e o libro A Cup of Rage, de Raduan Nassar, nominado ao Man Booker International Prize en 2016 e que se fixo co premio Jabuti na categoría de mellor publicación estranxeira. Outras das súas traducións inclúen a antoloxía poética Silence River, de Antônio Moura; All Dogs are Blue, de Rodrigo de Souza Leão e The Old King in His Exile, de Arno Geiger.