David Espinosa Espinosa

----

David Espinosa Espinosa


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de David Espinosa Espinosa


Doutor en Historia pola Universidade Complutense de Madrid (2013), desenvolve a súa actividade como investigador posdoutoral da Xunta de Galicia na Universidade de Santiago de Compostela (2014-2019). É especialista en Historia Antiga de Roma, concretamente en tres ámbitos: os procesos de colonización e municipalización romanos, a epigrafía romana e os aspectos relixiosos da orientación das cidades romanas de Occidente. Desenvolve a súa actividade investigadora nos grupos de investigación “Síncrisis. Investigación en Formas Culturais” (USC), “Red digital para un milenio de documentación epigráfica en Museos y Archivos de la Comunidad de Madrid” (UCM) e “Ciudades Romanas” (UCM), así como nos proxectos de investigación “Epigraphica 3.0: Cara á creación e deseño dun corpus dixital de inscricións romanas da provincia de Ourense” (USC), “Nuevas bases documentales para el estudio histórico de la Hispania romana de época republicana: onomástica y latinidad (III-I a.C.)” (UCM) e “De municipia Latina a oppida labentia: sobre la sostenibilidad económica e institucional del expediente municipal latino en Hispania (I-III d.C.)” (UNAV). Realizou cinco estadías de investigación en centros internacionais, como o Instituto Arqueolóxico Alemán en Berlín, a Universidade de Trieste, a Universidade de Trier e a Universidade de Hamburgo. É autor de numerosas publicacións científicas en editoriais e revistas especializadas, nacionais e internacionais, como BAR International Series, Antiquity, Classical Quarterly, Digital Applications in Archaeology and Cultural Heritage, Mediterranean Archaeology and Archaeometry, Numen e Klio.

David Espinosa Espinosa nas actividades do CCG