Biografía de Helen Vassallo
Profesora titular de Francés na Universidade de Exeter (Gran Bretaña). En 2018 creou o proxecto Translating Women (Traducir mulleres), unha iniciativa en liña que tende pontes entre o mundo académico e a industria da tradución e que opera en diversas plataformas e redes sociais. Conta con numerosas publicacións sobre escrita de mulleres e sobre tradución feminista. Xunto a Olga Castro, coorganiza o primeiro congreso Translating Women, que terá lugar o vindeiro outono no Institute of Modern Languages Research de Londres, con financiamento dos proxectos OWRI Language Dynamics, o Cassal Trust e as Universidades de Aston e de Exeter.