Histórico: Participación de Carmen Velayos Castelo nas actividades do CCG

----

Carmen Velayos Castelo

Ávila

Biografía de Carmen Velayos Castelo

Ávila

Profesora titular de Filosofía Moral e Política na Facultade de Filosofía da Universidade de Salamanca. Tamén foi profesora de Ética e de Historia da Ciencia e da Tecnoloxía na Universidade Europea de Madrid (CEES) durante catro anos.
Realizou a que pode ser a primeira tese de doutoramento coñecida sobre ética ecolóxica en España, baixo a dirección de José Mª García Gómez-Heras, pioneiro español na fundamentación desta forma de entender a ética. A súa formación é fundamentalmente anglosaxoa (Irlanda, Gales, Estados Unidos), pero bebe tamén de fontes grecolatinas e europeas. Pertence ao Grupo de Ética da súa universidade (dirixido por Teresa López de la Vieja), que foi recoñecido como Grupo de Investigación de Excelencia GR41 da Xunta de Castela e León. Así mesmo, o dito grupo constituíu unha Unidade Asociada do Instituto de Filosofía do CSIC cun proxecto común sobre bioética. Foi membro de varios proxectos de investigación nacional e internacional, e impartiu conferencias sobre ética ecolóxica en diversos países europeos e americanos. É autora de traballos sobre ética en importantes revistas especializadas e en diversos libros, así: Ética y cambio climático (2008), Cambio climático e individualismo moderno (Horsori, 2015), La dimensión moral del ambiente natural: ¿necesitamos una nueva ética? (1996), Códigos deontológicos en los negocios (coautora xunto a Francés y Borrego) (2000), Rachel Carson: la revolución entrañable (en prensa). Como editora e coautora saíron á luz: Ética y ethos profesionales (2009), Tomarse en serio la naturaleza (coedición) (2003), Bioética. Perspectivas emergentes y nuevos problemas (2005) (coedición), Responsabilidad política y medio ambiente (coedición) (2007), Feminismo ecológico (coedición), Educación en bioética. Donación y trasplante de órganos (2008) (coedición).
Pertence e pertenceu a varios comités éticos e é directora da revista Azafea da Facultade de Filosofía de Salamanca.

Carmen Velayos Castelo relator/a...

CICLO PENSARMOS

CARMEN VELAYOS CASTELO

Retos e compromisos morais ante o cambio climático