Biografía de Carme Adán Villamarín
1966- DonostiaDoutora en Filosofía, ensaísta e política galega. Presidiu a Aula Castelao de Filosofía desde 1997 até 2005. Durante os anos 2005-2009 desempeñou o cargo de secretaria xeral da Igualdade no Goberno galego e entre 2007-2009 foi presidenta da Unidade Muller e Ciencia de Galicia. Durante a VIII e IX Lexislatura foi deputada no Parlamento galego polo BNG. Publicou Feminismo e coñecemento (Espiral Maior, 2003), traducida ao castelán en Espiral Maior (2006), e en 2011 recompilou en Cartografías do derrubo dous anos de actividade periodística na sección de opinión de Xornal de Galicia.
As súas publicacións máis recentes son: “Cyborg”, en Barbarismos queer e outras esdrújulas (Edicións Bellaterra, 2017), “Conceptualizar la violencia contra las mujeres: ¿una reflexión epistemológica pendiente?”, na Revista Andaluza de Antropología (2018) e “Conceptos y violencias: espacios para el debates sobre la violencia obstétrica”, en Violencia obstétrica (Tecnos, 2018). En novembro de 2018 publicou Feminicidio. Unha nova orde patrialcal en tempos de submisión na editorial Galaxia, reimpreso en xaneiro de 2019 e en breve será publicado en castelán por Edicións Bellaterra. Na actualidade exerce como catedrática de Filosofía no IES Politécnico de Vigo.
Publicacións nas que participou Carme Adán Villamarín
LIBRO
Análise, datos e recomendacións para o recoñecemento da diversidade en Galicia.
Foro Identidades e Diversidades Sexuais 2022/2023
LIBRO
Sen cancelas.
Memorias do arco da vella en Galicia. Proposta didácticaCarme Adán Villamarín nas actividades do CCG
Artigos
ADáN VILLAMARíN, C. (7/1998) XV Semana Galega de Filosofía. Andaina. 2ª época 1ª xeira (21), 38-40.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
ADáN VILLAMARíN, C. (1999) De Hipacia de Alejandría a Simone de Beauvoir. Festa da palabra silenciada. (15), 36-40.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ADáN VILLAMARíN, C. (1999) La educación sentimental, de Mercedes Oliveira Malvar. Festa da palabra silenciada. (15), 80-82.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ADáN VILLAMARíN, C. (12/2000) Sobre monstros e cyborgs: pensemos espacios de liberación na era de tecnociencia. Andaina. 2ª época 2ª xeira (27), 61.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
ADáN VILLAMARíN, C. (6/2001) ¿Impórtalle a tecnoloxía ao feminismo?. Andaina. 2ª época 2ª xeira (29), 11.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
ADáN VILLAMARíN, C. (2002) Carolina Otero, de Marga do Val. Festa da palabra silenciada. (17), 88.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ADáN VILLAMARíN, C. (6/2003) A horta do Dr. Frankenstein. Andaina. 2ª época 2ª xeira (35), 26.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Colectivo Andaina de Mulleres;
ADáN VILLAMARíN, C. (2005) Ciencia e feminismo: unha perspectiva desde a filosofía. Festa da palabra silenciada. (20), 42897.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ADáN VILLAMARíN, C. (2008) Entre a polis e a vida: as políticas de igualdade. Festa da palabra silenciada. (24), 96-98.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ADáN VILLAMARíN, C. (2010) Violencias (in)visibeis. Festa da palabra silenciada. (26), 125-127.
Ver recensión Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;
ADáN VILLAMARíN, C. (2011) Elizabeth H. Blackburn: unha vida na procura do reloxo biolóxico. Festa da palabra silenciada. (27), 52-54.
Ver artigo Fonte da dixitalización: Feministas Independentes Galegas;