Alicia Framis

----

Alicia Framis

1967 Barcelona
NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Alicia Framis

1967- Barcelona

Artista multidisciplinar cuxa práctica combina arquitectura, deseño, moda e performance. O seu traballo constitúese por proxectos baseados e enfocados en diferentes aspectos da existencia humana dentro da sociedade urbana contemporánea. Framis parte a miúdo de dilemas sociais reais para propoñer contornas novas e posibles solucións. Desenvolve plataformas para a interacción social creativa, con frecuencia a través de colaboracións interdisciplinares con outros artistas e especialistas en diversos ámbitos. Actualmente é a directora dun programa de máster no Instituto Sandberg en Amsterdam (MA program at the Sandberg Institute in Amsterdam).


Framis representou aos Países Baixos no Pavillón Holandés na 50a Bienal de Venecia (2003). Ten obra permanente en Nova York (obra escultórica), no Atomium de Bruxelas (obra arquitectónica) ou Shanghai (arte e obra arquitectónica), entre outros lugares. O seu traballo foi presentado na 2ª Bienal de Berlín (2001), en Performa 09 New York (2009) ou na Manifesta 2 Luxemburg (1998). A súa obra foi incluída tamén en numerosas coleccións permanentes, como as de FRAC Lorraine (Francia), a do Museo Migros für Gegenwartskunst (Suíza), a do Museo Boijmans van Beuningen (Países Baixos), a do MUSAC de Castela e León (España) ou a do Stedelijk Museum Amsterdam (Países Baixos), entre outros.


Entre as súas últimas exposicións e proxectos individuais podemos destacar: “Pabellón de género”, en Sala Alcala 31 (2018); “Forbidden Collections”, en Upstream Gallery, Amsterdam, Países Baixos (2018); “Lenguajes invisibles”, en Galería Juana de Aizpuru, Madrid (2018) e en Kunsthalle Nürnberg, Alemaña (2017); “Statements”, en Stedelijk Museum Amsterdam, Países Baixos (2017); “Land Project”, Rirkrit Tiravanija, Chiang Mai, Thailand (2017); “Everyday Sunshine”, Horrach Moya Gallery, Mallorca (2016); “I’m in the wrong place to be real, 3bisf”, en Aix-en-Provence, Francia (2015); “Framis in Progress”, MUSAC, Léon (2014); “Forbidden Rooms”, en Annet Gelink Gallery, Amsterdam, Países Baixos (2014); “Framis in Progress”, en CC Brugge, Bélxica (2014); “Chambre des livres Interdites”, en Picasso Museum, Niza, Francia (2014); “Framis in Progress”, en Galerie im Taxispalais, Innsbruck, Austria (2013); “Framis in Progress”, en Museum Arnhem, Países Baixos (2013); “Cinema Solo”, en La Frac Haute-Normandie, Rouen, Francia (2012); “Daily Future”, en Kunstzone Rabobank Utrecht, Países Baixos (2012); “Apuntes sobre el cielo”, Sala de Exposicións da Deputación de Huesca (2011); “New Buildings for China”, en Instituto Cervantes, Beijing, China (2009); “Guantánamo Museum”, en Centre d’Art Santa Mónica, Barcelona (2008); “Spain Not for Sale” (performance), en Madrid Abierto, Madrid, Spain (2008) etc.