Histórico: Participación de Félix Fernández nas actividades do CCG

----

Félix Fernández

1977 Viveiro

Biografía de Félix Fernández

1977- Viveiro

Licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo. Formouse paralelamente en danza contemporánea e performance con Marina Abramóvic, Johannes Deimling, Elena Córdoba e Esther Ferrer, entre outros. Concedéronlle múltiples premios e bolsas, entre os que destacan a Bolsa de residencia Azala (Gasteiz, Euskadi, 2017), o Premio Encontro de Artistas Novos da Cidade da Cultura (2014), a Bolsa de residencia Addaya Centre d´Art Contemporani (Palma de Mallorca, 2014), a Bolsa de residencia no MAC Gas Natural Fenosa da Coruña (2012), o Premio videoarte Festival Rendibú (Murcia. 2012), o Premio Metrópolis no Festival VAD de Girona (2011) ou a Bolsa Gas Natural Fenosa de Artes Plásticas, estadías en Nova York e Berlín (2009-2010).


Entre as súas últimas exposicións individuais sobresaen “Kontaktaufnahme” en Charlotte 13 Gallery (Leipzig, Alemaña, 2016), “ROOM4” en Centro Cultural de España (Montevideo, Uruguai, 2015), “Retratos distópicos” en Galería El Museo (Bogotá, Colombia, 2014), "Visiones Contemporáneas: Félix Fernández" en DA2 Domus Artium (Salamanca, 2013), “Fricción” en Galería ASM28 (Madrid, 2012) ou “Crossed Lines” en MAC Gas Natural Fenosa (A Coruña, 2012). Tamén imparte obradoiros e workshops en museos, galerías e universidades, e participa como relator en números ciclos e xornadas de reflexión.

Félix Fernández participou...

EN MODO CONVERSA

ALICIA FRAMIS E FÉLIX FERNÁNDEZ

Arte, acción, activismo, feminismo. A arte contemporánea como ferramenta de denuncia social en prol da igualdade