Histórico: Participación de María Loureiro nas actividades do CCG

----

María Loureiro

Biografía de María Loureiro

Licenciada en Economía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), con estudos de máster e doutoramento pola Washington State University (EUA). Actualmente é catedrática de universidade no Departamento de Fundamentos de Análise Económica da USC. Anteriormente foi profesora na Colorado State University (EUA) e profesora visitante na Universidad Carlos III de Madrid, e volveu á USC da man do Programa Ramón y Cajal en 2004. O seu campo de especialización é a economía ambiental, dos recursos naturais e do cambio climático. É IP do grupo de investigación ECO-IURIS da USC, catalogado dentro de grupos de referencia competitiva da Xunta de Galicia. Até agora dirixiu 7 teses de doutoramento, 8 teses ou traballos de fin de grao e participou en numerosos proxectos de investigación e transferencia de coñecemento, tanto nacionais coma internacionais. En canto á súa actividade de transferencia de coñecemento, os seus últimos anos foron especialmente marcados polo traballo de valoración dos impactos ambientais causados polo buque Prestige, que foi presentado pola Fiscalía de Medio Ambiente de Galicia no xuízo que tivo lugar na Audiencia Provincial na Coruña en 2013. Este feito permitiu, por primeira vez en España, que entrara como peza para valorar un estudo de impacto con técnicas de economía ambiental, e que a solicitude da compensación da Fiscalía fose segundo o dano causado. A importancia desta pericial foi ratificada posteriormente polo Tribunal Supremo en 2016.


 


 

María Loureiro [Coordinación] en