Victoria Carballo-Calero

----

Victoria Carballo-Calero


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de Victoria Carballo-Calero


Catedrática de Historia da Arte Contemporánea da Universidade de Vigo.
Académica de número da Real Academia de Belas Artes de Galicia e correspondente das reais academias de San Fernando (Madrid) e Santa Isabel de Hungría (Sevilla). Decana da Facultade de Historia (Universidade de Vigo). Vogal do Padroado do Centro Galego de Arte Contemporánea, da Fundación Otero Pedrayo e das comisións de Patrimonio da Xunta de Galicia e do Concello de Ourense.
As súas liñas de investigación son: arte contemporánea, arquitectura e cidade.
Entre os seus libros destacan: La ilustración en la Revista Nós, 1983; Julia Minguillón, 1984; El Santuario de Nuestra Señora de las Ermitas (con Antonio Bonet Correa e Miguel Ángel González García), 1987, 1995 (2ª ed.); Antón Faílde, 1986; Os Castelaos de Ourense, 1985, 1989 (2ª ed.); La revista Vida, una aventura antes de Alfar, 1997; La transformación de una ciudad: Ourense 1880-1936 (con Javier Suances e Marcos Valcárcel), 1995; Arte de fin de siglo (con Simón Marchán e Carmen Pena), 1998; Arte y ciudad, ámbitos medieval, moderno y contemporáneo (coord.), 2000; Julia Minguillón y Maruja Mallo. El reencuentro con la modernidad en la posguerra, 2001; A Arte Galega (con Carlos Valle, Mª Luísa Sobrino e Antón Castro), 2005; “Castelao and the Debate on Modernity. The state of Affairs”, en Modern Galicia, 1916-1936, 2005; “Prints in Modern Galicia. The Twenties and Thirties”, en Modern Galicia, 1916-1936, 2005.
Comisariou diversas exposicións e impartiu conferencias en distintos países.