José Luis Rodríguez Muñoz

----

José Luis Rodríguez Muñoz


NOTA: Nesta páxina lístanse as referencias a unha persoa en diferentes proxectos, eventos ou publicacións do Consello da Cultura Galega. Trátase dun proxecto de etiquetado en continuo crecemento e ampliación, e que non está concluído. En ningún caso, a páxina pretende ser unha biografía da persoa mencionada nin incorporará materiais externos ao CCG ao respecto.

Biografía de José Luis Rodríguez Muñoz


Funcionario de carreira do corpo de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos.


Experiencia profesional: 2012-2018, xefe do Servizo de Adquisicións de Bens Culturais (Xunta de Cualificación, Valoración e Exportación de Bens do Patrimonio Histórico Español) do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte; 2009-2010: xefe do Servizo de Exportacións e Importacións de Bens Culturais (Xunta de Cualificación, Valoración e Exportación de Bens do Patrimonio Histórico Español) do Ministerio de Cultura; 2007-2011: técnico de museos, Subdirección Xeral de Protección do Patrimonio Histórico (Ministerio de Cultura); 2001-2006: restaurador de bens culturais (pintura, escultura, azulexaría, rexaría, xesaría…).


Formación académica: 1994-2001, licenciado en Historia de Arte na Universidad Complutense de Madrid; 1998-2001, diplomado en Conservación e Restauración de Bens Culturais (especialidade de Pintura) na Escola Superior de Restauración e Conservación de Bens Culturais de Madrid; 2008-2019, realiza cursos do Ministerio de Cultura: Protección do Patrimonio Histórico e Patrimonio Mundial (2008), Seguridade de Bens Culturais (2008), Fiscalidade Cultural (2011), Lei de Contratos (2013), Tráfico Ilícito de Bens Culturais (2013-2016), Propiedade Intelectual (2019). No 2018 realiza o Seminario Rodrigo Uría Meruéndano de Dereito da Arte (Museo Nacional del Prado-Fundación Profesor Uría).


Cursos impartidos: Exportacións e Importacións de Bens Culturais. Normativa Española e Europea (2009, 2015, 2018); Garantía do Estado. Funcionamento e normativa (2010, 2015, 2017); Modos de Adquisicións de Bens Culturais. Normativa Española e Procedementos (2011, 2015, 2018); Niveis de Protección de Bens do Patrimonio Histórico Español. Normativa Española e Europea. Procedemento (2013, 2014); Xunta de Cualificación, Valoración e Exportación de Bens do Patrimonio Histórico Español. Funcionamento e Normativa (2015, 2018); Criterios de Valoración de Bens Culturais no Mercado da Arte (2015, 2018); Procedemento de Certificados de Non Confiscación (2015, 2017, 2018).


Representante do Ministerio de Cultura no Plan Nacional de Emerxencias e Xestión de Riscos no Patrimonio Cultural (2017-2018).

José Luis Rodríguez Muñoz nas actividades do CCG