Histórico: Participación de Iria Fernández Silva nas actividades do CCG

----

Iria Fernández Silva

Biografía de Iria Fernández Silva


Completou os estudos de Bioquímica na Universidad Complutense de Madrid e o doutoramento en Sistemas de Produción na Universitat de Lleida. 


É na súa etapa posdoutoral cando a súa investigación se centra no estudo da biodiversidade mariña, da súa evolución e ecoloxía. Entre 2010 e 2017 investigou no Hawaii Institute of Marine Biology, na Universidade de Ryukyus en Okinawa (Xapón) e na California Academy of Sciences en San Francisco. En 2017 incorporouse á Universidade de Vigo, onde exerce na actualidade como investigadora distinguida e profesora na Facultade de Bioloxía.


As súas achegas máis importantes son no ámbito da caracterización da biodiversidade dos arrecifes de coral, da investigación dos procesos evolutivos subxacentes á xeración e mantemento das especies que os habitan, así como do estudo dos efectos do cambio climático sobre estes ecosistemas. A súa investigación combina técnicas de secuenciación de ADN con traballos de campo en lugares remotos do océano Pacífico. É unha investigadora comprometida coa conservación dos arrecifes de coral e co benestar das persoas que habitan próximas a estes ecosistemas xa que dependen deles para a súa subsistencia.


Os seis traballos están recollidos en máis de 40 publicacións científicas que inclúen contribucións ás revistas Nature e PNAS, e foron citados máis de 1500 veces.


 

Iria Fernández Silva [Relator/a] en

Carmela Porteiro

As que achegan a ciencia aos océanos